DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45278

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2024 pola que se corrixe un erro na Resolución do 30 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de vinte prazas vacantes na relación de postos de traballo de persoal técnico de xestión e de administración e servizos, funcionario da escala xeral administrativa (Diario Oficial de Galicia número 111, do 10 de xuño).

Detectado erro na Resolución do 30 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de 20 prazas vacantes na relación de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos funcionario da escala xeral administrativa, procédese á súa corrección e eméndase segundo os seguintes termos:

No anexo II, temario, tema 25.

Onde di: «Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social: título I: capítulo II: Campo de aplicación e estrutura do sistema da Seguridade Social; capítulo III: sección 1ª: Afiliación ao sistema de altas, baixas e variacións de datos nos réximes que o integran; sección 2ª: Cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta; e capítulo IV: Acción protectora (artigos 156 e 157).

Debe dicir: «Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social: título I: capítulo II: Campo de aplicación e estrutura do sistema da Seguridade Social; capítulo III: sección 1ª: Afiliación ao sistema de altas, baixas e variacións de datos nos réximes que o integran; sección 2ª: Cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta; e título II: capítulo III: Aspectos comúns da acción protectora (artigos 156 e 157).

Esta corrección non dá lugar á apertura de prazo de presentación de solicitudes.

A Coruña, 24 de xullo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
Mª Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña