DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45143

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024 que modifica a Resolución do 5 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión dunha praza vacante da relación de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, funcionario/a técnico/a en igualdade, subescala de igualdade, subgrupo C1.

Mediante a resolución ditada o 18.7.2024, o reitor da UDC estimou un recurso de reposición interposto o 28.6.2024, sobre a eventual nulidade da base 2.1.g) da convocatoria (Resolución do 5.6.2024) do proceso selectivo para a provisión dunha praza vacante de persoal técnico/a de igualdade, subgrupo C1.

A resolución ordenou modificar a redacción da base 2.1.g), que debe quedar redactada como segue:

«Acreditar a formación en materia de igualdade efectiva entre mulleres e homes realizada na Administración pública, sistema educativo español/europeo, servizos públicos de emprego, mutuas de traballo, institutos adscritos, marcos de formación dos empregados públicos de, polo menos, 250 horas».

Esta modificación, que debe publicarse no DOG, reabre o prazo de presentación de solicitudes, e establece un prazo de 20 días naturais que contarán a partir do 2.9.2024.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, e de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de poder interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

A Coruña, 23 de xullo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña