DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45131

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024 pola que se notifican as resolucións da presidenta do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional da campaña 2023.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade procedentes da reserva nacional da campaña 2023, no marco establecido polo Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 15 de marzo de 2023, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 20 a 29 do Real decreto 1045/2022, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 28.1 do devandito Real decreto 1045/2022, a persoa titular da presidencia do FEGA comunicou ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_axuda_basica_renda_sostibilidade) a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2023.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria