DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 44970

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2024 pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento DE402B).

Antecedentes:

No Diario Oficial de Galicia número 107, do 4 de xuño de 2024, publicouse a Orde do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, a través da realización de actividades de animación sociodeportiva e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento DE402B).

Unha vez pechado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano instrutor remite aqueles expedientes administrativos que cumpren todos os requisitos e reúnen toda a documentación necesaria á comisión encargada da súa valoración. O 12 de xullo de 2024 tivo lugar a Comisión de Valoración, que emite o seu informe cunha relación das solicitudes presentadas e admitidas ordenadas por orde de prelación de maior a menor puntuación en aplicación dos criterios de baremación establecidos no artigo 8 das bases reguladoras, e a proposta de concesión, de conformidade co crédito asignado á convocatoria.

O 12 de xullo de 2024, non figurando no procedemento outros feitos nin outras alegacións ou probas que as achegadas polos interesados, a Secretaría Xeral para o Deporte formulou a proposta de resolución definitiva.

A concesión destas subvencións será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 35.02.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, ata un importe máximo de 1.300.000 €.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De conformidade co artigo 6 das bases reguladoras, a Subdirección Xeral de Plans e Programas, como órgano competente para a instrución do procedemento, elevou un informe técnico de valoración, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte. A Secretaría Xeral para o Deporte elevou a proposta de resolución á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que é o órgano competente para a resolución do procedemento.

Segunda. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal.

Terceira. Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Valoración a que que se refiren os artigos 7 e 8 da Orde do 24 de maio de 2024, e con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte, do 12 de xullo de 2024, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e en virtude das atribucións que me foron conferidas, e logo de fiscalización favorable do expediente de gasto pola Intervención Delegada da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións ás federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, a través da realización de actividades de animación sociodeportiva que se recollen no anexo I desta resolución, distribuidas en dous grupos, en función de se resultaron beneficiarias de subvención para a mesma finalidade no ano 2023, e, dentro de cada grupo, ordenadas por orde decrecente dos puntos acadados. No anexo determínase o número de expediente, a entidade beneficiaria, o NIF, a actuación que se vai desenvolver, a contía da axuda, que coincide co investimento subvencionable, e a puntuación outorgada.

De conformidade co artigo 9 das bases reguladoras o importe da subvención será o 100 % do orzamento de gasto de acordo co proxecto presentado e aprobado, e de acordo cos seguintes límites:

– O importe máximo da subvención será de 75.000 €.

– En función do número de grupos de actividade que se efectúen de conformidade co proxecto presentado, o importe da subvención non poderá exceder o resultado de multiplicar o número de grupos de actividade por un importe máximo de 1.660 €/mes por grupo de actividade, ata o máximo do importe subvencionable por entidade indicado anteriormente.

Segundo. Desestimar as solicitudes de subvención por esgotamento do crédito ás entidades que se recollen no anexo II desta resolución, ordenadas pola puntuación acadada.

Terceiro. Inadmitir as solicitudes de subvención que se recollen no anexo III polo motivo que alí se indica.

Cuarto. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras desta convocatoria, prevese o pagamento con carácter anticipado como financiamento necesario para o desenvolvemento das actuacións obxecto de subvención, de acordo co seguinte réxime de pagamentos:

– Un primeiro pagamento de ata o 80 % da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, segundo o anexo III, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta.

– Un segundo pagamento que, como máximo, poderá ser equivalente á porcentaxe restante, con carácter anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, e que se pagará unha vez xustificado o primeiro anticipo. Este segundo anticipo poderase solicitar no momento da presentación da documentación xustificativa do primeiro anticipo, no espazo reservado para esta finalidade no anexo IV.

Quinto. De acordo co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria deberá presentar ante a Secretaría Xeral para o Deporte a documentación xustificativa da subvención, prevista no artigo 6.2 da convocatoria, ata o 20 de novembro de 2024.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán desenvolver o Plan Corresponsables para a habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mozas e mozos de ata 16 anos, desenvolvendo actividades de animación sociodeportiva, de acordo coas condicións de execución establecidas no artigo 10 das bases reguladoras (anexo I da Orde do 24 de maio de 2024).

Sétimo. De conformidad co artigo 16 das bases reguladoras, as entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente:

a) A aplicación pública da imaxe corporativa da Consellería de Política Social e Igualdade, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Secretaría Xeral para o Deporte, do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

b) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 16 das presentes bases.

f) A adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte.

g) Garantir os dereitos lingüísticos de todas as persoas, empregando o galego e o castelán nas súas comunicacións.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Decreto 136/2024, do 20 de maio, e Orde do 12.6.2024;
DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Subvencións concedidas

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Nº grupos actividade × nº meses

Subvención proposta

Puntuación

Proposta de entidades beneficiarias grupo I (non beneficiarias subv. no ano 2023)

DE402B-2024-0000006

Federación Galega de Baloncesto

V15115306

13,5

22.400,00 €

63,75

DE402B-2024-0000024

Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas

G15109267

79

63.099,00 €

52,00

DE402B-2024-0000012

Federación Galega de Baile Deportivo

G10883999

87,5

68.043,92 €

46,25

DE402B-2024-0000018

Federación Galega de Remo

G15117385

19

26.268,00 €

46,00

DE402B-2024-0000016

Federación Galega de Badmínton

G36645133

99,25

75.000,00 €

45,75

DE402B-2024-0000003

Federación Galega de Halterofilia

G15121700

7

13.100,00 €

45,00

DE402B-2024-0000025

Federación Galega de Ciclismo

G36644870

41,5

43.127,00 €

43,00

DE402B-2024-0000020

Federación Galega de Atletismo

G15103500

39

64.740,00 €

39,75

DE402B-2024-0000001

Federación Galega de Tenis de mesa

V15149453

68

39.260,00 €

36,50

DE402B-2024-0000019

Federación deportiva Galega de Kickboxing

G27464221

44

73.040,00 €

35,00

Total

488.077,92 €

Proposta de entidades beneficiarias grupo II (beneficiarias subv. no ano 2023)

DE402B-2024-0000017

Federación Galega de Balonmano

G36690832

83,5

75.000,00 €

53,25

DE402B-2024-0000015

Federación Galega de Tenis

G15102767

136

75.000,00 €

49,00

DE402B-2024-0000009

Federación Gallega de Bolos

V36650133

12

13.500,00 €

48,25

DE402B-2024-0000014

Federación Galega de Salvamento

G27033737

320

75.000,00 €

47,50

DE402B-2024-0000013

Federación Galega de Piragüísmo

G36040764

64

75.000,00 €

47,00

DE402B-2024-0000026

Federación Galega de Taekwondo

G15237233

45

75.000,00 €

46,50

DE402B-2024-0000022

Federación Galega de Fútbol

G15055890

42

69.720,00 €

45,75

DE402B-2024-0000007

Federación Galega de Boxeo

G15108996

39

64.740,00 €

44,00

DE402B-2024-0000021

Federación Galega de Loita

G36651081

204,5

75.000,00 €

44,00

DE402B-2024-0000011

Federación Galega de Esgrima

G15109077

88,5

75.000,00 €

41,00

DE402B-2024-0000004

Federación Galega de Montañismo

G36630259

45

74.484,41 €

38,75

DE402B-2024-0000005

Federación Galega de Surf

G15565484

24

38.256,00 €

36,50

DE402B-2024-0000023

Federación Galega de Péntatlon Moderno Tríatlon (1)

V36703932

15,8

26.221,67 €

33,50

Total

811.922,08 €

Total grupos I e II

1.300.000 €

(1) Subvenciónase parcialmente o proxecto presentado, ata o límite do crédito asignado á convocatoria

ANEXO II

Solicitudes desestimadas do grupo II por esgotamento do crédito asignado á convocatoria

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Puntuación

DE402B-2024-0000010

Federación Galega de Hockei

G32172058

32,00

DE402B-2024-0000008

Real Federación Galega de Vela

G36644862

31,25

DE402B-2024-0000002

Federación Galega de Squash

G36644680

29,25

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas

Inadmisión da solicitude presentada polo Club Ciclista Ribeira Sacra, co NIF G10957454 e co número de expediente DE402B-2024-0000027, motivada por non cumprir a condición de persoa beneficiaria, de acordo co artigo 2.1 das bases reguladoras.