DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44883

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408I).

BDNS (Identif.): 777724.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades excluídas pola normativa aplicable (Regulamento (UE) 2023/2831-Regulamento de minimis).

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar a empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionandos sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408I).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e por un importe de 3.000.000 € no ano 2024.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 7 de agosto de 2024, ás 9.00 horas, e rematará o 10 de outubro de 2024, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica