DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de traballador social, funcionario grupo A, subgrupo A2, en quenda reservada a persoas con discapacidade incluída na oferta de emprego público 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 104, do 30 de maio de 2024, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– Unha (1) praza da escala de Administración especial, subescala técnica, (grupo A, subgrupo A2).

Sistema selectivo: oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 9 de xullo de 2024

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde