DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de ordenanza, funcionario de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E/AP incluída na oferta de emprego público 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 126, do 2 de xullo de 2024, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– Unha (1) praza de ordenanza, funcionario de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E/AP.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 9 de xullo de 2024

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde