DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña) para ser notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de xullo de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña)

DNI/nome

Núm. de prop.

Acto notificado

32258916J

140

Resolución do 30.4.2024

Milagros López García

338

Resolución do 30.4.2024

79315504G

535

Resolución do 30.4.2024

Antonio Vilariño Veiga

535

Resolución do 30.4.2024

32190784F

616

Resolución do 30.4.2024

32450474G

710

Resolución do 30.4.2024