DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Fene (expediente DH.W15.93964).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: María del Pilar Piñón Fernández.

DNI: ***3524**.

Expediente: DH.W15.93964.

Lugar: rúa Río Cádavo.

Parroquia: Perlío (Santo Estevo).

Concello: Fene (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Peche de parcela de referencia catastral 7037812NJ6173N0000XH, mediante bloques de formigón prefabricado, rede e postes metálicos.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte