DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cee (expediente DH.A15.75395).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Andrés Castro Fiuza.

DNI: ***1429**.

Expediente: DH.A15.75395.

Volume total anual: 2.014,60 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4,5 l/s.

Destino: rega.

Orixe: rego de Lires.

Lugar: Ruibo.

Parroquia: Lires.

Concello: Cee.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación do rego de Lires á altura da parcela de referencia catastral 0891801MH8509S0001XI mediante dúas bombas, e a súa condución ata un alpendre a uns 100 m, e para a rega dunha plantación de maceiras anexa.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro