DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44243

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación inicial da relación de postos de traballo de 2024.

Mediante o Acordo plenario do 12.7.2024 aprobouse inicialmente o expediente de aprobación da relación de postos de traballo (RPT) da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

O anterior publícase concedéndolles un trámite de audiencia aos interesados mediante a publicación dun anuncio de exposición pública do expediente no DOG para que, durante o prazo de 15 días hábiles, calquera persoa interesada no expediente poida presentar suxestións ou alegacións.

Unha vez finalizado o trámite de audiencia aos interesados e á vista das suxestións ou alegacións presentadas, corresponderalle ao Pleno a aprobación definitiva do expediente coas modificacións oportunas. De conformidade co establecido no artigo 202 da Lei de emprego público de Galicia, a aprobación inicial da RPT elevarase a definitiva se durante o prazo de información pública non se formulasen reclamacións, suxestións ou alegacións.

Triacastela, 15 de xullo de 2024

Olga Iglesias Fontal
Presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés