DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44244

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación inicial do orzamento para 2024.

O Pleno da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés aprobou inicialmente, na sesión extraordinaria do 12 de xullo de 2024, o orzamento xeral da Mancomunidade para o exercicio 2024.

En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e nas disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés durante o prazo de 15 días hábiles, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, co fin de que durante este as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular ante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

Triacastela, 15 de xullo de 2024

Olga Iglesias Fontal
Presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés