DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2024/053-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG, e visado polo citado colexio profesional o día 14.5.2024 co número 20241444.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.; CIF: B15639727.

Domicilio: rúa Galera, 15, 15003 A Coruña.

Denominación: LMTS, LBTS e CST Correos.

Situación: Concello de Castro Caldelas.

Orzamento: 49.659,51 €.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, de 6,31 m de lonxitude, en condutor RHV 12/20 kV 3×(1×95) mm² Al, coa orixe e final na arqueta núm. A5-A6, nos empalmes co condutor da LMTS existente de derivación a urbanización Conde Oleiros, realizando entrada/saída no centro de seccionamento e transformación proxectado Correos.

Centro de seccionamento e transformación Correos proxectado, en envolvente prefabricada, de manobra interior coas seguintes celas: dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo (2L+1P), con transformador de 160 kVA e r/t 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 20 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial Ourense