DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

O 20 de decembro de 2023, a Dirección Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), no concello de Cervantes.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta dirección territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo ao presente acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 5 de xaneiro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2024, para que comparezan o día 19 de setembro de 2024 no Concello de Cervantes, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta dirección territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto
de LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes)

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2023/14-2.

Predio

Propietario/a

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio

cantidade

Sup. (m²)

Voo (lonx.)

Voo

(sup. m²)

1

María García Ríos

11

120

Tallos de Curraes

Monte alto

47-13-1

1

2

22

290

2

Descoñecido

11

121

Tallos de Curraes

Monte alto

8

173

3

Matías García Belón

11

122

Tallos de Curraes

Monte alto

6

4

María García Ríos

11

138

Tallos de Penedo

Monte alto

9

140

5

Descoñecido

11

139

Tallos de Penedo

Monte alto

10

168

6

Antonio Rosón Varela

11

86

Cortiña de Tallado

Prado

47-13-CT

1

14

87

1.256