DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2022/252-1).

Expediente: IN407A 2022/252-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT NEG803 apoio A4LUKI8N//238-1.

Concello: Trazo.

Feitos:

1. O día 30.8.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de realizar obras de mellora da calidade da subministración no lugar de Oa, parroquia de Xavestre, concello de Trazo.

Proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado nun novo apoio metálico que substituirá un existente de formigón da liña de distribución de media tensión LMT NEG803 Vilar de Suso, 3 (expediente 33.907), procedente da subestación de Negreira, e a substitución dos condutores doutro apoio nos vans adxacentes.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT NEG803 apoio A4LUKI8N//238-1, asinado o día 13.1.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñaría eléctrica, nº de colexiado 4.684 de Vigo, e anexo asinado o 17.6.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 15.670 de Madrid; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 12.4.2023.

• BOP: 23.3.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 12.4.2023.

• Con datas do 23.3.2023 e do 26.3.2024 solicitouse ao Concello de Trazo a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Trazo.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Trazo á solicitude de informe.

5. O día 26.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Oa, parroquia de Xavestre, concello de Trazo, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución condutor tramo LMTA a 20 kV, de 231 m, condutor tipo LA-56 Al coa orixe no apoio nº A4LOKXP5//239 tipo H-250/14 para substituír por tipo C-1000/12 na LMT NEG803 Vilar de Suso, 3 (expediente 33.907), procedente da subestación Negreira, e remate no apoio nº A4M42WTJ//238-2 tipo H-300/12 para substituír por tipo C-2000/12. Substitución do apoio nº A4LQ3TUR//238 tipo H-Compás-400/12 por tipo C-2000/14. Retensado dos tramos comprendidos entre os apoios 238-3 e 238-2, entre 237 e 238 e entre 239 e 240.

• Instalación de reconectador telecontrolado apoio nº A4LUKI8N//238-1 tipo HV-1000/12 para substituír por tipo C-1000/14 e retírase o cortacircuíto fusible XS existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Trazo

Instalación de telecontrol na LMT NEG-803 apoio A4LUKI8N//238-1

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT

e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Noya Rey

15087A048000210000SI

Polígono 48, parcela 21

Pedras do Gato

Apoio nº 238

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeirable

2

Encarnación Pardal Míguez

15087A048000170000SX

Polígono 48, parcela 17

Pedras do Gato

Apoio nº 239

2

Rústico. Agrario.

Prado ou pradería

3

Descoñecido

15087A048000240000SS

Polígono 48, parcela 24

Pedras do Gato

Apoio nº 238-1

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeirable

4

Blas Sánchez

González

15087A048000300000SH

Polígono 48, parcela 30

Su Picoto

Apoio nº 238-2

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeirable