DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44126

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 16 de xullo de 2024 pola que se modifica a Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

O 2 de marzo de 2022 publicouse no número 42 do Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C). Para os efectos desta orde considéranse núcleos rurais os concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdense por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3, os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para o mantemento do centro. Igualmente entenderase que existen recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade se os anteditos equipamentos dos ditos servizos están en construción ou previstos nun documento de planificación da Administración autonómica ou local. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha de experiencias piloto de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

A presente modificación ten por obxecto incrementar o crédito en 31.920 € en cada unha das anualidades 2024 e 2025 na aplicación orzamentaria 38.02.312B.470.0 para incrementar a prima debido ao aumento, nos últimos anos, do índice de prezos de consumo (IPC) e establecer unha compensación da prima durante os períodos de baixa de maternidade ou paternidade.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C), queda modificada como segue:

Un. O número 1 do artigo 3, referido ao financiamento, queda redactado como segue:

«1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total dun millón cento seis mil douscentos corenta e catro euros (1.106.244 €) distribuído en catro anualidades e que se imputará ás aplicacións orzamentarias que se indican:

Aplicación

Importe 2022

13.02.312B.770.0

180.000 €

13.02.312B.470.0

86.244 €

Total

266.244 €

Aplicación

Importe 2023

11.02.312B.770.0

11.02.312B.470.0

258.720 €

Total

258.720 €

Aplicación

Importe 2024

Importe 2025

Importe total anualidades

38.02.312B.770.0

180.000 €

38.02.312B.470.0

290.640 €

290.640 €

926.244 €

Total

290.640 €

290.640 €

1.106.244 €»

Dous. O número 2 do artigo 7, referido ao tipo de axuda e contías, queda redactado como segue:

«2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 21.560 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

Para os exercicios 2024 e 2025, a prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura consistirá nunha achega económica de 24.800 €/ano. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

Para os exercicios 2024 e 2025, nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa titular do recurso, aboarase un complemento da prima de 150 € semanais durante o período que dure a dita baixa».

Tres. O número 4 do artigo 22, referido á xustificación da subvención, pasa a ser o número 5 e o número 4 queda redactado como segue:

«4. Para xustificar a axuda nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa titular do recurso achegarase o parte de baixa correspondente».

Disposición adicional única. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade