DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Curtis (expediente IN407A 2024/043-1).

Expediente: IN407A 2024/043-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de novo CT rural de 100 kVA, soterramento da LMT CES703 entre o apoio nº AX90KL3F//65 e o CT proxectado, e reordenación da rede de BT procedente do CT 15ALDL.

Termo municipal: Curtis.

1. Características técnicas:

LMTS a 15 kV, de 330 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº AX90KL3F//65-BIS proxectado, en que se instalará un cortacircuíto fusible XS, para intercalar na LMT CES703 campo feira-Teixeiro 3, procedente da subestación Cesuras, e remate no CTC proxectado.

• Regulación da LMTA a 15 kV nos tramos comprendidos entre os apoios nº AX90KL3F//65 a AX90KL3F//65-BIS e nº AX90KL3F//65-BIS a AXA1QELI//66.

• CT compacto prefabricado tipo rural na parroquia de Curtis (Santaia), cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e unha configuración de 1L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal da transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Curtis

Expediente IN407A 2024/043-1

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Carballás

15032A00800217

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

Graciano Hedrosa

Centro de transformación e acceso

38.87

2

Carballás

15032A008101440000DP

Rústico. Agrario. Matogueira

Luis Ares Sánchez

Apoio AX90KL3F//65-BIS

2.0

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér: superficie de servidume aérea en m2. m2 sot: superficie de servidume soterrada.