DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 43917

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 11 de xullo de 2024 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA), dirixido a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213P).

No Diario Oficial de Galicia número 86, do 2 de maio de 2024, publicouse a Resolución do 23 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección dunha entidade encargada da xestión do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA), dirixido a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213P).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 23 de abril de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 12 de xuño de 2024 emite o órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de xullo de 2024 ditada no procedemento BS213P de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA), dirixido a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213P), que se xuntará coa presente resolución no anexo.

Segundo. Tras notificar a resolución o órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, efectuarase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado aquela previamente.

Unha vez efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela,12 de xullo de 2024

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 11 de xullo de 2024 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro, mediante procedemento de asignación de concerto social,
para a xestión do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA),
dirixido a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña
(código de procedemento BS213P)

A través da Resolución do 23 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección dunha entidade encargada da xestión do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA), dirixido a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213P).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración e vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do servizo obxecto do concerto social a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do Anexo I da Resolución do 23 de abril de 2024, publicada no DOG numero 86, do 2 de maio.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a única entidade presentada ao concerto:

Entidade: Fundación Camiña Social.

Total puntuación de criterios

75,20 puntos

Segundo. Adxudicarlle o concerto social, da forma que se indica a seguir e polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade

Fundación Camiña Social

NIF

G27381797

Código de procedemento: BS213P.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 2.5.2024.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2028.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2024 (5 meses)

256.469,39 €

2025

615.526,51 €

2026

615.526,51 €

2027

615.526,51 €

2028 (6 meses)

307.763,26 €

Total

2.410.812,18 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17.12.2020, e anexo I.J) da
Resolución do 23.4.2024)
Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica