De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atenderen ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivo das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 27 de xuño de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS611A expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
2024/8340-1 |
Z0494887R |
Citación para o recoñecemento |
3.6.2024 |
2023/6605-1 |
32109565R |
Citación para o recoñecemento |
21.5.2024 |
2024/8159-1 |
45721983F |
Citación para o recoñecemento |
29.5.2024 |
2024/6664-1 |
47350723W |
Citación para o recoñecemento |
3.6.2024 |
2024/3835-1 |
32271622T |
Citación para o recoñecemento |
3.6.2024 |