DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.89907).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Miguel Torres, S. A.

Expediente: DH.A36.89907.

Volume total anual: 7.218,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,78 l/s.

Destino: rega.

Orixe: tres (3) pozos na parcela 2166, polígono 519 do catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Gundiñáns.

Parroquia: Saiar.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

Realización de 3 pozos con aros de formigón Ø 2 m, 6 m de profundidade comunicados entre si; construción dunha caseta de protección con bloques formigón 4,80×2,95×2,57 m; instalación dun equipo de bombeo; instalación de rega por goteo nas parcelas 2166, 2167 e 2168, polígono 519; construción dunha placa de formigón ao norte da parcela 2166 para instalación de placas fotovoltaicas; instalación de liña eléctrica para alimentación do sistema de rega.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 25 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur