DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 325/2024 ao Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar recibiu un decreto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 325/2024, interposto por Carmen Magdalena Lameiro Couso contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto o 11 de xaneiro de 2024 fronte ás resolucións do 11 de decembro e do 20 de decembro de 2023 do tribunal de selección para a cobertura temporal por persoal funcionario interino de dous (2) postos reservados á escala de profesores/as numerarios/as de Institutos Politécnicos Marítimos-Pesqueiros, con destino na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, acórdase a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante o referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar