DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43857

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de notificación.

Ao non ser posible a práctica da notificación ao titular da licenza de obra: Memoria valorada para rehabilitación de cuberta. Rehabilitación enerxética de cuberta mediante panel con illante térmico e posterior acabado con cubrición de lousa, na rúa Alcalde Emilio Sinde Nieto, núm. 31 (Castro de Rei), referencia catastral 0353903PH3805S0001MH, solicitada por Mª Luz Vázquez Silva, por causa non imputable a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación dos decretos da Alcaldía 423 e 754, do 18 de xullo e do 20 de decembro de 2023, respectivamente, co fin de que a interesada no procedemento achegue, ante esta alcaldía, a documentación técnica que recolla o estado actual da edificación, e, mentres non se remita a documentación solicitada, interrómpese a tramitación do expediente, indicándolle que, de non se completar no prazo de dez (10) días hábiles, segundo indica o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), se considerará desistida da súa petición.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Castro de Rei, situadas na praza Maior, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Castro de Rei, 25 de xuño de 2024

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde