DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/038-1).

Expediente: IN407A 2024/038-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: recuamento CS Rafael Alberti, 26 (15CGXJ).

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 1.2.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada co obxecto de dar resposta á solicitude de recuamento dun CS.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado recuamento CS Rafael Alberti, 26 (15CGXJ), asinado o día 25.10.2023 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº colexiada 2.033 da Coruña, posteriormente, o 23.5.2024, presentan un anexo de recuamento CS Rafael Alberti, 26 (15CGXJ), asinado pola mesma enxeñeira o 8.5.2024.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña e Augas de Galicia.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos citados organismos á solicitude de informes.

4. O día 13.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017 polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na rúa Antonio Machado, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retirada do CS Rafael Alberti, 26 (15CGXJ) e instalación dun novo CS 3L, con dúas celas de saída telecontrolada e envolvente prefabricada de formigón, con 15 kV de tensión no límite da parcela.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea , a 15 kV, cunha lonxitude de 236 m, coa orixe e fin nos empalmes para realizar en PAR existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm² AL, despois de realizar entrada e saída no CS proxectado.

– Retirada de 98 m liña de RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240), procedente da saída EIR709, que alimenta actualmente o CS Rafael Alberti, 26 (15CGXJ) para retirar, desde o punto de acceso á rede existente ao CS Rafael Alberti (15CGXJ) para desmontar.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña