DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024 de convocatoria para o pagamento do prezo xusto no expediente expropiatorio IN407A 2019/231-1, Ortigueira. Predio 1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar por outro medio faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ao abeiro do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, esta dirección territorial sinalou o día 28 de agosto de 2024, ás 10.00 horas, para que nas dependencias da casa do concello de Ortigueira se leve a cabo o acto de pagamento do prezo xusto pola ocupación dos predios de referencia.

Os pagamentos faranse de acordo co previsto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa ás persoas propietarias ou titulares do dereito expropiado, que achegarán o título de propiedade e o DNI para a súa identificación. No caso de que o/a titular non poida comparecer ou compareza alguén que actúe en representación dunha pluralidade de titulares, ese representante deberá acreditar a súa condición mediante poder de representación ou documento privado asinado polo/a titular ou titulares e, igualmente, achegar copia do seu DNI, así como os dos seus representados/as.

Se a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia se atopa impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa, o/a titular terá dereito a que se lle pague a cantidade ata o límite en que exista conformidade, segundo dispón o artigo 50.2 da Lei de expropiación forzosa.

Así mesmo, no suposto de que o pagamento non se poida efectuar no día sinalado, a entidade beneficiaria consignará a indemnización na Caixa de Depósitos da Consellería de Facenda, consignación que será notificada aos expropiados xunto coas correspondentes instrucións para tramitar a desconsignación.

ANEXO

Titulares: Francisco Manuel Alfonso e Miguel Alejandro Mariño Gómez. Predio 1 do proxecto Soterramento LMTA MEA802 entre os apoios 28 e 29. Ortigueira.

Referencia catastral: polígono 70; predio 225.

A Coruña, 8 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña