DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, na parroquia de Langueirón, no concello de Ponteceso (A Coruña) (expediente 2024/0038).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de xullo de 2024 do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, na parroquia de Langueirón, no concello de Ponteceso (A Coruña) promovido por Devesa Langueirón, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade