DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Explotación de ceba de tenreiros, no lugar de Cortiñas, na parroquia de Calvos, no concello de Calvos de Randín (Ourense). Clave do expediente 2023/0023.

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de xullo de 2024 do proxecto Explotación de ceba de tenreiros, no lugar de Cortiñas, na parroquia de Calvos, no concello de Calvos de Randín (Ourense), promovido por A Clamadoira, S.C.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade