DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43302

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Este tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao segundo exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron a puntuación mínima de 15 puntos establecida na base III.1.1.2.b) da convocatoria (DOG núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024); en sesión do 19 de febreiro de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Corrixir o erro contido no texto da resolución deste tribunal do 20 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024) e no punto primeiro da resolución onde di: «De conformidade co disposto na base III.1.1.2.b) da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (15) puntos», debe dicir: «De conformidade co disposto na base III.1.1.2.b) da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos».

Segundo. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Terceiro. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal