DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43276

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e ás solicitudes desistidas e non admitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A).

Na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, está consignado crédito por importe de 400.000,00 € para a indicada anualidade e 400.000,00 € para o ano 2025, con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.A4.741A.481.0 e 14.A4.741A.444.0, código de proxecto 2018 00005.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade ás axudas concedidas e ás solicitudes desistidas e non admitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A) que figuran nos anexos I, II e III.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Axudas concedidas

Expediente

Nome/razón social

Puntos

Importe subvencionable
(por solicitante)

Importe subvencionable (por expediente)

Importe concedido total (por solicitante)

Importe concedido total (por expediente)

IN501A-2024-00000002

Asociación de Empresarios de la 1 Transformación de la Madera de Lugo

90

71.291,14 €

71.291,14 €

60.000,00 €

60.000,00 €

IN501A-2024-00000003

Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia

65

63.308,35 €

63.308,35 €

60.000,00 €

60.000,00 €

IN501A-2024-00000004

Asociación Clúster da Biomasa de Galicia

110

25.355,79 €

35.481,36 €

25.355,79 €

35.481,36 €

Asociación Bioeco2

10.125,57 €

10.125,57 €

IN501A-2024-00000005

Universidade Santiago Compostela

90

40.267,16 €

40.267,16 €

40.267,16 €

40.267,16 €

IN501A-2024-00000006

Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga

105

56.188,02 €

59.999,94 €

56.188,02 €

59.999,94 €

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

3.811,92 €

3.811,92 €

IN501A-2024-00000007

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal

90

16.903,94 €

16.903,94 €

16.903,94 €

16.903,94 €

IN501A-2024-00000008

Clúster de la Madera de Galicia

75

35.398,77 €

35.398,77 €

35.398,77 €

35.398,77 €

IN501A-2024-00000009

Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

60

8.866,16 €

8.866,16 €

8.866,16 €

8.866,16 €

IN501A-2024-00000011

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural

90

1.987,50 €

1.987,50 €

1.987,50 €

1.987,50 €

IN501A-2024-00000012

Asociación de Resineiros do Sur de Galicia-Resuga

90

59.460,40 €

59.460,40 €

59.460,40 €

59.460,40 €

IN501A-2024-00000013

Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, S.L.

85

43.334,73 €

43.334,73 €

43.334,73 €

43.334,73 €

IN501A-2024-00000015

Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia

65

58.938,80 €

58.938,80 €

58.938,80 €

58.938,80 €

ANEXO II

Solicitudes de axudas desistidas

Expediente

Nome/razón social

Motivo

IN501A-2024-00000001

ACDR Terras da Mariña

Non presenta a documentación requirida

IN501A-2024-00000014

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense

Non presenta a documentación requirida

ANEXO III

Solicitudes de axudas non admitidas a trámite

Expediente

Nome/razón social

Motivo

IN501A-2024-00000010

Fundación Eduardo Pondal

A actividade presentada pola entidade Fundación Eduardo Pondal considérase non elixible por,

a) Non encadrar dentro do artigo 4 das bases reguladoras desta subvención.

b) Non cumprir o artigo 7.1 das bases reguladoras, que indica que «As actividades de carácter formativo non regradas deben estar orientadas a profesionais da industria forestal-madeira (incluídas persoas prescritoras e instaladoras en madeira), así como a estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos».