DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de xuño de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores da Guarda de modificación substancial da concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario en superficie e dos edificios 13.30.EDF.002 (edificio selección percebe), 13.30.EDF.003 (local cabrestante), 13.30.004 (garaxe) e 13.30.005 (lonxa e usos múltiples), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión da lonxa, almacenamento de cabrestante, depósito de lancha de vixilancia e aparellos, e transformación, elaboración e expedición de produtos do mar (expediente 13-30-17-C1).

A Confraría de Pescadores da Guarda solicita a modificación substancial da concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario en superficie e dos edificios 13.30.EDF.002 (EDIFICIO SELECCIÓN PERCEBE), 13.30.EDF.003 (LOCAL CABRESTANTE), 13.30.004 (GARAXE) y 13.30.005 (LONXA E USOS MÚLTIPLES), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión da lonxa, almacenamento de cabrestante, depósito de lancha de vixilancia e aparellos, e transformación, elaboración e expedición de produtos do mar.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, núm. 1, 1º andar, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 25 de xuño de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia