DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Oia que supón a extinción da concesión con clave DH.A36.09266, outorgada o 14 de marzo de 2006 (expediente DH.A36.87649).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Graciosa González Pérez.

Expediente: DH.A36.87649.

Volume total anual: 1.918,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe: manancial situado na parcela 919, polígono 4 do catastro de Oia.

Lugar: O Porto.

Parroquia: Mougás.

Concello: Oia.

Descrición:

A auga do manancial, captado mediante escavación horizontal, condúcese a dous depósitos de 1.500 l situados na parcela 544, polígono 4, dos que segue a granxa instalada sobre as parcelas 681, 683 e 684 do polígono 4, para abastecemento desta.

O proxecto pode consultarse na sección de «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º andar, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 7 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur