DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 42854

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 8 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS320A).

O Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, establece que a Dirección Xeral de Xuventude é un dos órganos de dirección en que se estrutura a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Corresponde á Dirección Xeral de Xuventude, entre outras funcións, a dirección e xestión das actuacións en materia de voluntariado, a elaboración e o seguimento dos instrumentos de planificación, de rexistro, da xestión dos órganos colexiados e todas aquelas actuacións en aplicación da Lei galega 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

A dita Lei 10/2011, do 28 de novembro, establece entre as súas prioridades o fomento da acción voluntaria, promovendo o coñecemento público das actividades de acción voluntaria e o recoñecemento social das persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria, e no seu artigo 25 establece incentivos e apoios a entidades e a persoas voluntarias.

Polo tanto, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude considera de máximo interese colaborar, mediante a convocatoria de subvencións, na promoción de actividades no ámbito do voluntariado, recoñecendo o labor que as persoas voluntarias e as entidades achegan á sociedade, contribuíndo á súa transformación e influíndo no desenvolvemento comunitario.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións; ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; ao establecido no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, na medida en que resulte aplicable por esta orde; ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e a normativa de desenvolvemento; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Para a convocatoria destas axudas existe crédito adecuado e suficiente na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Finalmente, nesta orde inclúense medidas tendentes a garantir o cumprimento das disposicións previstas nos artigos 15 e 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega, no relativo á publicación das axudas concedidas.

Na súa virtude, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, que realicen proxectos do dito programa desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2024, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

2. O código do procedemento é BS320A.

3. O dito programa consiste en instar a participación nas entidades de acción voluntaria e nas entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia das persoas mozas galegas para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro dos sectores de actuación establecidos na Lei 10/2011, do 28 de novembro.

4. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Artigo 2. Proxectos subvencionables

1. Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan persoas mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Para as persoas menores de 18 anos precísase, ademais, autorización da nai, pai ou persoa que exerza a titoría legal.

2. Estes proxectos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia desenvolveranse preferentemente nalgunha das seguintes actividades:

a) Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.

b) Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.

c) Actividades con colectivos en situación de risco.

d) Actividades xuvenís.

e) Actividades ambientais.

f) Actividades relacionadas coa igualdade de xénero ou aquelas que desenvolvan medidas orientadas á prevención e sensibilización en materia de violencia de xénero.

g) Actividades relacionadas co ámbito familiar.

h) Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.

i) Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.

3. Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024. As xornadas diarias serán de 6 horas e, se son inferiores, sumaranse as horas diarias ata completar xornadas de 6 horas.

4. Os proxectos de acción voluntaria describiranse consonte o previsto no anexo I e indicarán, entre outros aspectos, o número de persoas voluntarias con que se conta para súa realización, a participación destas no desenvolvemento do proxecto e as horas dedicadas.

5. Non se subvencionarán proxectos en que participen máis de 8 persoas voluntarias por proxecto. Permitirase participar nos proxectos subvencionables deste ano ás persoas voluntarias que, como máximo, concorresen á mesma subvención nunha convocatoria anterior. No caso de proxectos presentados por entidades locais resultado dunha fusión, agrupación, asociación, mancomunidade ou similar, poderanse subvencionar aqueles coa participación de ata un máximo de 20 persoas voluntarias por proxecto.

6. Logo da finalización de cada proxecto, a entidade beneficiaria solicitará a inscrición no Rexistro de Acción Voluntaria das experiencias voluntarias das persoas participantes. Igualmente, as ditas entidades deberán solicitar da Dirección Xeral de Xuventude a expedición dos certificados de experiencia voluntaria a favor das persoas participantes no proxecto con antelación á xustificación da subvención outorgada.

7. Se por causas xustificadas, expresamente e logo de comunicación, algunha das persoas voluntarias ten que abandonar a súa participación no proxecto subvencionable antes de que remate este terá que ser substituída por outra persoa voluntaria polo tempo restante. A cada unha delas aboaránselle os gastos correspondentes polo tempo dedicado ao proxecto subvencionable, de acordo co número 4 do artigo 6.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias das axudas serán as entidades de acción voluntaria e as entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil do ano 2024.

2. As entidades locais poderán concorrer á convocatoria de xeito individual ou conxuntamente baixo as fórmulas de agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar. Tamén poderán concorrer as entidades locais que sexan resultado dunha fusión doutras anteriores.

Artigo 4. Requisitos das entidades beneficiarias

Para poder ser entidade beneficiaria destas axudas, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán condicións imprescindibles, que deberán manter durante todo o período de realización do proxecto subvencionado:

a) Requisitos comúns para as entidades locais e demais entidades de acción voluntaria:

1. Que estean legalmente constituídas, de conformidade coa natureza das ditas entidades e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, tamén poderán solicitar axudas as entidades non inscritas que, na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, teñan presentada solicitude de inscrición na sección de entidades do referido Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

2. Desenvolver os proxectos subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.

3. Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.

4. Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

5. Non estar incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13, números 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

b) Requisitos específicos aplicables ás entidades locais:

1. Ter cumprida a obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio, no caso das entidades locais.

2. En caso de agrupación de municipios, asociación, mancomunidade, ou calquera outra similar, todos e cada un deles deberán estar inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para poder concorrer a esta convocatoria de subvencións.

Artigo 5. Orzamento

1. As axudas faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.460.0, por un importe de cento dous mil trescentos un euros con setenta céntimos (102.301,70 €), para entidades locais, e con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.481.0, por un importe de cento trinta e cinco mil euros (135.000 €) para entidades de acción voluntaria, de acordo co establecido na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

2. Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente como establece o artigo 3.2.

3. Poderase acordar, segundo as dispoñibilidades orzamentarias do momento, o incremento do crédito inicial establecido nesta convocatoria, tramitando o oportuno expediente orzamentario de xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de conformidade co artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

O incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade deste como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. En todo caso, a concesión de axudas terá como límite a cantidade consignada na correspondente aplicación económica dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. Serán conceptos subvencionables, entre outros, os custos orixinados pola participación das persoas voluntarias nos proxectos de acción voluntaria, de acordo co artigo 7.h) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, relativo á mantenza e ao transporte.

2. Tamén serán conceptos subvencionables os gastos que deriven directamente das actividades de voluntariado realizadas e recollidas no proxecto presentado polas entidades recollidas no artigo 4.1, que así o soliciten e que se leven a cabo desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024, entre as cales se inclúen a contratación laboral de persoal técnico ou experto, os gastos de actividades inherentes ao desenvolvemento do proxecto, a adquisición de material funxible pero non inventariable, ou os seguros das persoas voluntarias que leven a cabo o proxecto durante o tempo de execución deste.

En ningún caso os gastos indirectos que se imputen ás actividades para as cales se solicita a subvención poderán superar o 20 % do importe subvencionable efectivamente xustificado.

3. Non se subvencionarán os gastos en bens inventariables e de investimentos, os xuros debedores das contas bancarias, as recargas e as sancións administrativas, nin os gastos de procedementos xudiciais.

4. A contía da subvención que se concederá a cada entidade calcularase a razón de 10 euros por persoa voluntaria e día, dos cales 6 euros diarios serán entregados pola entidade a estas, para cubrir os custos de desprazamento e mantenza, mentres que os 4 euros restantes empregaraos a entidade para cubrir os gastos dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil das persoas voluntarias, así como os gastos correntes referidos no número 2 deste artigo.

Para xerar dereito ás ditas contías as persoas voluntarias deberán acreditar mediante o correspondente acordo a súa colaboración voluntaria durante xornadas de 6 horas diarias. Se a xornada diaria é inferior ás 6 horas, sumaranse as horas diarias ata completar unha xornada de 6 horas. Non se computarán os decimais nin os minutos.

5. En ningún caso a contía da axuda outorgada poderá superar os 4.800 €, que correspondería a un proxecto de 8 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días; ou a contía de 12.000 €, que correspondería a un proxecto de 20 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poidan solicitar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.

6. Para ter acceso á axuda é preciso obter un mínimo de 50 puntos na avaliación técnica dos proxectos.

A concesión da axuda farase en réxime de concorrencia competitiva seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida, ata esgotar o crédito dispoñible en cada caso. Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva, por se algunha das entidades beneficiarias renuncia.

Artigo 7. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I, procedemento BS320A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As entidades locais poderán presentar a solicitude a título individual ou conxuntamente por máis dunha entidade local. De ser o caso, nas solicitudes presentadas conxuntamente deben indicar expresamente cal destas entidades se debe considerar como representante ou a cal deben dirixirse as actuacións administrativas. En ausencia de designación expresa, considerarase como tal a entidade local que figure en primeiro lugar.

3. No caso de que a solicitude sexa presentada por varias entidades locais conxuntamente baixo calquera das fórmulas recollidas no artigo 3.2, os ditos concellos non poderán presentar solicitude de subvención a título individual ou conxunto, para o mesmo ou distinto proxecto.

4. Non serán admitidas ou serán excluídas todas aquelas solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local nas cales non se acredite suficientemente a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes de cada unha delas, sen prexuízo da audiencia previa ás correspondentes entidades. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada e independente.

5. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Proxecto de actividades coa admisión dun só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias deste. Este irá acompañado coa relación do número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha destas persoas e do número de días que participará cada unha delas, así como do custo que correspondería por número de persoas voluntarias e días, e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades e a descrición das actividades que se van realizar.

Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

b) No caso de concellos e mancomunidades de municipios, certificación da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado para facer fronte ao financiamento que debe asumir a entidade.

2. O órgano instrutor deste procedemento, poderá solicitar canta documentación considere precisa para unha mellor valoración e comprobación do proxecto.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos na convocatoria. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Emenda de defectos

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da notificación no Diario Oficial de Galicia, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, logo de resolución que será ditada nos termos do artigo 21 da referida lei.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Para a comprobación do cumprimento do requisito establecido no artigo 4.1.e) consultaranse os datos da rendición do sector local en Galicia publicados polo Consello de Contas na súa páxina web oficial.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Órgano de instrución do procedemento e Comisión de Valoración

1. O Servizo de Voluntariado e Participación será o órgano competente para a instrución dos procedementos que se tramiten ao abeiro do disposto nesta orde.

2. Consonte o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha comisión de valoración que estará composta polos seguintes membros:

a) A presidencia será exercida pola persoa titular da Xefatura de Sección de Formación do Voluntariado.

b) Vogais: dúas persoas funcionarias da Dirección Xeral de Xuventude.

3. A secretaría da Comisión de Valoración será asumida por unha persoa funcionaria do Servizo de Voluntariado e Participación, nomeada pola persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, así como a persoa que a supla, que participará con voz pero sen voto.

4. Se, por calquera causa, algún dos compoñentes da Comisión de Valoración non pode asistir será substituído pola persoa que para o efecto nomee a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude.

5. A Comisión, como órgano administrativo colexiado, rexerase pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 13. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes será realizada pola Comisión de Valoración que se cree ao abeiro do artigo 12.2. No dito procedemento teranse en conta os seguintes criterios:

a) No caso de solicitudes presentadas por máis dunha entidade local (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar):

1º. Agrupación de municipios:

1º.1. Presentación de solicitude conxunta de agrupación de concellos baixo calquera fórmula, de acordo co establecido no artigo 3.2 desta orde: 10 puntos.

1º.2. Número de concellos asociados, número de servizos que se van prestar de forma compartida, repercusión do proxecto medido a través da cifra de poboación total dos concellos participantes no proxecto e repercusión do proxecto na poboación destinataria: ata 10 puntos, que se desagregarán do seguinte xeito:

– Concellos asociados: dous concellos: 1 punto; tres concellos: 2 puntos; catro ou máis concellos: 3 puntos.

– Número de servizos/actividades que se prestarán de forma compartida: unha actividade: 1 punto; dúas actividades: 2 puntos; tres ou máis actividades: 3 puntos.

– Poboación total e repercusión do proxecto na poboación destinataria, atendendo á repercusión desta última, segundo datos oficiais xustificados na solicitude: ata un 15 % da poboación total dos concellos: 2 puntos; ata un 25 %: 3 puntos; máis do 25 %: 4 puntos.

1º.3. Presentación dunha memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: ata 10 puntos, que se desagregarán do seguinte xeito:

– Xustificación de aforros de ata o 5 % respecto da prestación individual: 2 puntos; de ata o 7 %: 4 puntos; de ata o 10 %: 6 puntos: de ata o 15 %: 8 puntos; de máis do 15 %: 10 puntos.

2º. Fusións municipais.

Presentación de solicitude por parte da entidade resultante da fusión de municipios: 30 puntos.

3º. Criterios comúns a todas as solicitudes conxuntas:

3º.1. Coherencia xeral do proxecto, consonte os seguintes criterios: ata 25 puntos, outorgando.

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación con ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.1.1. Calidade técnica analizada a través da coherencia entre os obxectivos, programación, metodoloxía da intervención, adecuación de recursos e actividades aos obxectivos do proxecto e criterios de avaliación. Deberán acreditarse os resultados previstos, a oportunidade e o interese social do proxecto expresados nunha relación descritiva e clara de toda a secuencia do proxecto e de cada unha das actividades que se van desenvolver, así como o número de persoas beneficiarias e persoas voluntarias que van participar no proxecto: ata 8 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación con ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.1.2. Información precisa e detallada de cada unha das actividades e contías que se deberán destinar a cada unha das accións do proxecto debidamente desagregadas, así como descrición dos recursos propios da entidade solicitante: ata 3 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha descrición completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación a ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.1.3. Secuencia lóxica da intervención, coa exposición, polo miúdo, da situación da cal se parte e onde se quere chegar, información precisa dos recursos existentes e os necesarios, con que se conta e os que terán que incrementar: ata 8 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación con ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.1.4. Importancia da actuación en áreas de especial sensibilidade, de acordo coas necesidades reais da sociedade: ata 6 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade co máximo nivel e plenitude absoluta.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade con niveis relevantes e afecten de xeito secundario outros ámbitos sociais.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade en niveis discretos ou secundarios da actuación.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.2. Viabilidade do proxecto e sustentabilidade da organización de voluntariado na Comunidade Autónoma galega prevendo, entre outras medidas, a inclusión nos seus proxectos da figura da persoa responsable de voluntariado: ata 15 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.3. Capacidade económica da entidade: ata 10 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que xustifique a maior capacidade económica, en termos porcentuais respecto do valor do proxecto para o cal solicite a axuda, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes.

3º.3.1. A maior achega financeira da entidade ao proxecto: ata 5 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que propoña a maior achega financeira, en termos porcentuais respecto do valor do proxecto para o cal solicite a axuda, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes.

3º.3.2. Concorrencia doutras fontes de financiamento do proxecto de carácter privado: ata 5 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que propoña, porcentualmente, un maior financiamento do proxecto para o cal solicite a axuda a través doutras fontes de financiamento de carácter privado, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes.

3º.4. Proxectos innovadores que introduzan novas prácticas no fomento de experiencias de solidariedade e voluntariado no ámbito educativo, cultural, empresarial, medios de comunicación, traballo en rede e promoción dos novos espazos de intervención para o voluntariado: ata 10 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º.5. Facer constar en lingua galega toda a publicidade, publicacións e información na internet, actos públicos, material que se cree e propaganda relativos á actividade subvencionada: ata 10 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

b) No caso de solicitudes presentadas individualmente por concellos e entidades de acción voluntaria.

1º. Coherencia xeral do proxecto, consonte os seguintes criterios: ata 35 puntos, que se distribuirán consonte os seguintes criterios:

1º.1. Calidade técnica analizada a través da coherencia entre os obxectivos, programación, metodoloxía da intervención, adecuación de recursos e actividades aos obxectivos do proxecto e criterios de avaliación. Deberán acreditarse os resultados previstos, a oportunidade e o interese social do proxecto expresados nunha relación descritiva e clara de toda a secuencia do proxecto e de cada unha das actividades que se van desenvolver, así como o número de persoas beneficiarias e persoas voluntarias que van participar no proxecto: ata 11 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación con ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

1º.2. Información precisa e detallada de cada unha das actividades e contías que se deberán destinar a cada unha das accións do proxecto debidamente desagregadas, así como descrición dos recursos propios da entidade solicitante: ata 4 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

1º.3. Secuencia lóxica da intervención: exposición, polo miúdo, da situación de que se parte e onde se quere chegar, información precisa dos recursos existentes e os necesarios con que se conta e os que terán que incrementar: ata 12 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 75 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta do conxunto dos aspectos requiridos.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise completa, rigorosa e profunda de polo menos algún dos aspectos requiridos ou ben unha análise aceptablemente correcta da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha análise aceptablemente correcta de polo menos algún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen análise de ningún tipo ou a análise que realicen conteña unha cantidade de erros ou imprecisións tal que non se poida considerar como aceptablemente correcta en relación a ningún dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

1º.4. Importancia da actuación en áreas de especial sensibilidade, de acordo coas necesidades reais da sociedade: ata 8 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade co máximo nivel e plenitude absoluta.

– O 50 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade con niveis relevantes e afecten de xeito secundario outros ámbitos sociais.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade en niveis discretos ou secundarios da actuación.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non identifiquen a relevancia da actuación con áreas de especial sensibilidade.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

2º. Viabilidade do proxecto e sustentabilidade da organización de voluntariado na Comunidade Autónoma galega prevendo, entre outras medidas, a inclusión nos seus proxectos da figura da persoa responsable de voluntariado: ata 20 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

3º. Capacidade económica da entidade solicitante: ata 15 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que xustifique a maior capacidade económica, en termos porcentuais respecto do valor do proxecto para o cal solicite a axuda, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes.

3º.1. A maior achega financeira da entidade solicitante ao proxecto: ata 7,5 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que propoña a maior achega financeira, en termos porcentuais respecto do valor do proxecto para o cal se solicite a axuda, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes.

3º.2. Concorrencia doutras fontes de financiamento do proxecto de carácter privado: ata 7,5 puntos; outorgarase a máxima puntuación á entidade que propoña, porcentualmente, un maior financiamento do proxecto para o cal se solicite a axuda a través doutras fontes de financiamento de carácter privado, asignando proporcionalmente a puntuación ao resto de solicitudes

4º. Proxectos innovadores que introduzan novas prácticas no fomento de experiencias de solidariedade e voluntariado no ámbito educativo, cultural, empresarial, medios de comunicación, traballo en rede e promoción dos novos espazos de intervención para o voluntariado: ata 15 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

5º. Facer constar en lingua galega toda a publicidade, publicacións e información na internet, actos públicos, material que se cree e propaganda relativos á actividade subvencionada: ata 15 puntos, outorgando:

– O 100 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda de todos os aspectos requiridos.

– O 60 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda da maior parte dos aspectos requiridos.

– O 25 % da puntuación ás solicitudes que realicen unha xustificación completa, rigorosa e profunda dalgún dos aspectos requiridos.

– O 0 % da puntuación ás solicitudes que non realicen xustificación de ningún tipo dos aspectos requiridos.

– No caso de solicitudes que sexan identificadas como nunha situación intermedia entre dúas das situacións anteriores, poderá outorgarse unha puntuación intermedia á que correspondería a cada unha desas situacións.

2. A diferente puntuación dos criterios avaliables varía segundo se trate de proxectos presentados por entidades locais agrupadas baixo calquera fórmula ou unha entidade local resultado dunha fusión, ou ben que os proxectos sexan presentados individualmente por unha entidade local ou entidade de acción voluntaria pola necesidade de primar os dous primeiros.

Artigo 14. Resolución

1. Unha vez avaliadas as solicitudes segundo os criterios de valoración do artigo anterior, a Comisión de Valoración emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada para cada entidade. Do dito informe daráselle traslado ao órgano instrutor para que propoña a denegación ou concesión das axudas, así como, neste último caso, a contía da axuda correspondente a cada entidade.

2. O órgano competente para resolver será a Dirección Xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

3. A resolución da solicitude da axuda, que terá lugar no prazo de 15 días desde a elevación da proposta de resolución.

As solicitudes presentadas ao abeiro deste procedemento resolveranse no prazo máximo de cinco meses desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Unha vez transcorrido o dito prazo sen que dite resolución expresa, a/s entidade/s deberán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. Publicada a resolución polo órgano concedente de conformidade co disposto nesta orde, a entidade beneficiaria disporá dun prazo de 10 días hábiles para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa en contrario se entenderá tacitamente aceptada, tal como dispón o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Publicada a resolución polo órgano concedente, a entidade beneficiaria disporá do mesmo prazo de 10 días hábiles para enviar a relación nominal de persoas voluntarias participantes, que contará coa seguinte información: nome e apelidos das persoas voluntarias participantes, data de nacemento e NIF de cada unha delas, días de actividade en que van participar, entre un mínimo de 15 e un máximo de 60, número de horas que farán ao día, ata completar xornadas de 6 horas, e cantidade total que correspondería a cada persoa voluntaria en concepto de desprazamento e mantenza, a razón de 6 euros por persoa voluntaria e día, sendo un día unha xornada de 6 horas. Á dita relación deberase xuntar unha declaración responsable da persoa representante legal da entidade de ter asinado con cada unha das persoas voluntarias o correspondente compromiso de colaboración.

En caso de que participen nos proxectos de acción voluntaria subvencionables persoas mozas maiores de 16 anos e menores de 18, a entidade beneficiaria deberá obter a correspondente autorización do pai, nai ou persoa titora legal.

En caso de persoas voluntarias de nacionalidade distinta á española precísase, ademais, certificado de empadroamento nun concello de Galicia.

Artigo 15. Publicación da resolución e actos administrativos

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

2. Estes actos e resolución serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.xunta.gal/cultura-lingua-xuventude).

Artigo 16. Réxime de recursos

1. A resolución ditada neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que a ditou ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición do recurso de reposición contra a resolución ditada neste procedemento será dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, se o acto for expreso. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, tal e como establece o artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. De conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, procederá a impugnación directa ante o Tribunal Superior de Xustiza, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, se o acto é expreso, e de seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se non o é.

Artigo 17. Xustificación da axuda concedida

1. Unha vez publicado o outorgamento da axuda, a data límite para a presentación da xustificación dos gastos é o día 8 de novembro de 2024.

A entidade beneficiaria deberá presentar, a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a xustificación da totalidade do proxecto avaliado pola Comisión.

2. As entidades de acción voluntaria deberán presentar:

a) Memoria explicativa das actividades realizadas no proxecto de voluntariado. Xunto con esta memoria incorporarase a xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias das persoas voluntarias que participasen na actividade no Rexistro de Acción Voluntaria, e dos correspondentes certificados de experiencias voluntarias a favor das indicadas persoas participantes.

b) Memoria económica en que se reflicta a vinculación de cada gasto executado co proxecto subvencionado. Deberá quedar acreditado que cada gasto que se xustifique mediante copia de factura ou documento equivalente é totalmente necesario para a realización do proxecto, e deberá quedar vinculado a unha actividade ou actuación concreta dentro del.

c) Anexo II. Xustificación.

d) Anexo IV. Xustificación de gastos das entidades sen ánimo de lucro, xunto coa seguinte documentación:

1º. Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil dos gastos realizados, e documentación acreditativa do pagamento.

Considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias, polo que todas as facturas se deberán presentar xunto co correspondente documento bancario xustificativo do pagamento.

No caso de pagamentos realizados mediante tarxeta de crédito ou tarxeta de débito, deberá xuntarse, ademais, acreditación da súa titularidade. A dita tarxeta deberá estar asociada á conta da entidade beneficiaria.

2º. Respecto dos gastos de manutención e desprazamento que fosen satisfeitos directamente ás persoas voluntarias que participen no desenvolvemento do proxecto subvencionado, as entidades de acción voluntaria deberán presentar copias dos recibos bancarios xustificativos do pagamento destes gastos onde consten os datos da persoa perceptora, o seu DNI e o concepto polo cal se retribúe.

3º. Respecto dos seguros, as entidades de acción voluntaria deberán presentar copias dos xustificantes bancarios de pagamento das pólizas de seguros de accidentes e responsabilidade civil das persoas voluntarias participantes no proxecto de voluntariado.

4º. Respecto á xustificación dos gastos correspondentes ao persoal das entidades beneficiarias destinado ao desenvolvemento das tarefas do proxecto subvencionado, as ditas entidades achegarán, necesariamente, as copias das nóminas xunto cos boletíns oficiais de cotización á Seguridade Social e o modelo 111.

En canto ás partidas que se refiran a persoal que preste os seus servizos con carácter temporal na devandita entidade, figurarán os recibos bancarios onde consten os datos da persoa perceptora, o seu DNI, o concepto polo cal se retribúe e a retención correspondente ao IRPF.

Non obstante o anterior, cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do imposto da renda das persoas físicas (IRPF) ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes gastos considérase xustificado coa presentación do documento en que se reflicta o importe da retención, cotización ou pagamento devindicados na data de xustificación.

As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.

5º. En canto aos fondos propios, de habelos, a entidade deberá acreditar na xustificación o importe destes, a súa procedencia e a aplicación de tales fondos á actividade subvencionada.

6º. Declaración responsable da persoa representante legal de que a entidade está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

3. As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a xustificar ante o órgano concedente:

a) Memoria das actividades realizadas no proxecto de voluntariado. Xunto con esta memoria incorporarase a xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias das persoas voluntarias que participasen na actividade no Rexistro de Acción Voluntaria, e dos correspondentes certificados de experiencias voluntarias a favor dos indicados participantes.

b) Anexo II. Xustificación.

c) Anexo III. Xustificación de gastos das entidades locais.

d) Custo real do proxecto realizado, mediante a presentación dunha conta xustificativa que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida. Esta conta xustificativa conterá a seguinte documentación:

1º. Unha certificación expedida pola persoa que exerza a secretaría da entidade local, co visto e prace da persoa que exerza a alcaldía ou presidencia da entidade, relativa:

1º.1. Á aprobación polo órgano competente da dita conta xustificativa.

1º. 2. Ao cumprimento da finalidade da subvención.

1º.3. Ao informe da intervención da entidade local dos gastos realizados e que figuran na conta xustificativa da subvención, polos distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación:

1º.3.1. Identificación da persoa acredora.

1º.3.2. Número de factura ou documento equivalente.

1º.3.3. Importe e data de emisión.

1º.3.4. Data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

1º.3.5. De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

1º.3.6. Para os efectos, e de acordo co artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, considerarase gasto realizado cando o órgano competente da entidade local contabilizase o recoñecemento da obriga.

As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados, no prazo máximo de 60 días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das entidades beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas. Non obstante, no caso de realizarse pagamentos anticipados como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas, considérase gasto realizado o que fose efectivamente pagado pola entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola normativa reguladora da subvención.

1º.3.7. Cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do imposto da renda das persoas físicas (IRPF) ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes gastos considérase xustificado coa presentación do documento en que se reflicta o importe da retención, cotización ou pagamento devindicados na data de xustificación.

As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.

4. O Servizo de Voluntariado e Participación, como órgano competente para a instrución do procedemento, poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que considere oportunos. No caso de que a entidade beneficiaria non os remita dentro do prazo que se sinale, comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, tras resolución ditada ao abeiro do establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de 10 días a presente para os efectos previstos neste artigo.

A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste número comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que correspondan conforme a lei.

Artigo 18. Concorrencia de subvencións públicas e modificación da resolución

1. O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo do proxecto subvencionable.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 19. Pagamento da axuda

1. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada pola entidade beneficiaria da realización do proxecto para o cal se concedeu, e o cumprimento dos demais requisitos fixados na normativa reguladora da subvención.

No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento total do proxecto presentado coa solicitude, a contía da axuda será minorada na mesma porcentaxe, de acordo co artigo 60 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 80 % da subvención concedida. O pagamento restante terá lugar no momento da completa xustificación por parte da entidade beneficiaria da finalidade e demais condicións para as cales se lle outorgou a subvención.

De acordo co artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades de acción voluntaria quedan exoneradas da constitución da garantía a que se refire o artigo 63.2 da mesma norma.

Artigo 20. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades de acción voluntaria e as entidades locais para seren beneficiarias da subvención deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. En particular, son obrigas das entidades beneficiarias das axudas:

a) Cumprir a totalidade do proxecto de voluntariado que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente da subvención o cumprimento dos requisitos e das condicións que determinaron a concesión desta, así como a realización da actividade subvencionada e o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión.

c) Estar sometidos ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente da subvención, así como a calquera outra actuación que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a solicitude e/ou a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados co fin de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos proxectos. Así mesmo, facer constar na publicidade e difusión que se xere, e en todos aqueles soportes informativos e publicacións que se realicen, que as actividades foron subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Para isto deberase incorporar a imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos do artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Tamén son obrigas das entidades beneficiarias desta subvención as referidas no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, como consta no artigo 23.

4. Sen prexuízo do disposto no número anterior, as entidades deberán comunicar á Dirección Xeral de Xuventude, mediante certificado da persoa representante legal da entidade presentado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e no prazo dos 20 días previos á súa realización, calquera actividade que leven a cabo con publicidade escrita.

Artigo 21. Fiscalización e control

A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, relativo ao control financeiro de subvencións, e ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 22. Reintegro das axudas ou subvencións

1. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento ata a data en que se acorde a procedencia de tal reintegro nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do proxecto obxecto de subvención, no segundo caso, procederase ao reintegro da parte proporcional do proxecto non xustificado.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e nesta orde.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión establecidas no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas na normativa vixente, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a regularidade das actividades e a concorrencia doutras axudas.

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración as entidades beneficiarias, así como dos compromisos asumidos por estas, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, así como cando do incumprimento derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos ou ao cumprimento do obxecto.

2. De acordo co disposto no artigo 32 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulación comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira. Base de datos nacional de subvencións e Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios

1. En cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do artigo 20 será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS), que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións e axudas públicas. A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

A entidade outorgante das axudas consignará na BDNS, no prazo de 20 días hábiles a partir da concesión da axuda, a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).

2. As subvencións outorgadas ao abeiro desta orde figurarán no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios. En todo caso, a presentación da solicitude implica que a persoa solicitante consente na inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no dito rexistro, feito que terá lugar, agás nos casos legalmente establecidos, de acordo co regulado no artigo 16.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor o gasto, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición adicional terceira. Infraccións e sancións

As entidades beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e demais normas de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Recurso

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, conforme o establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude para ditar cantos actos e instrucións sexan precisos para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022 e disposición adicional segunda do Decreto 49/2024)
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file