DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2023/055-1).

Expediente: IN407A 2023/055-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: modificado M1 proxecto LMT, CT e RBT lugar Bardullas.

Concello: Muxía.

Feitos:

1. O día 2.4.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar de Bardullas, concello de Muxía, por mor das caídas na rede de baixa tensión procedente do centro de transformación CTI Bardullas (15X998, IN407A2016/1385-1), proxéctase un novo centro de transformación prefabricado de 100 kVA de potencia, a instalación dunha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT POT806 (expediente 50.600), procedente da subestación Pontella, xunto con novas saídas de baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentaron o proxecto de execución denominado modificado M1 proxecto LMT, CT e RBT lugar Bardullas, asinado o día 12.3.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Muxía, Augas de Galicia e Servizo de Infraestruturas Agrarias. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe presentado no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 10.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017 polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Bardullas, concello de Muxía, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS a 20 kV, de 990 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 96E5PMGJ//28-38-B-14 existente tipo C-1000/16, da LMT POT806 (expediente 50.600), procedente da subestación Pontella, e remate no CTC proxectado.

• LMTA: instalación de reconectador telecontrolado (RC) e PAT con autoválvulas en apoio nº 96E5PMGJ//28-38-B-14 existente.

• CT no lugar de Bardullas, compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña