DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42714

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 11 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba a ampliación da convocatoria das bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, publicadas pola Resolución do 22 de decembro de 2023, co incremento do crédito orzamentario para o exercicio 2024 (código de procedemento IG408B).

BDNS (Identif.): 738625.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Importe

Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 33.000.000 € para o ano 2024 e 17.000.000 € para o ano 2025.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica