DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Foz e Barreiros (expediente IN407A 2023/255-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterramento das saídas LAT 20 kV S. Martiño-Barreiros-Cabarcos-Ribadeo1 á saída da subestación de Foz.

Situación: concellos de Foz e Barreiros.

Características técnicas principais:

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV S. Martiño, con orixe no apoio proxectado AP1 tipo C-4500-14 en substitución do apoio A78237 e final no apoio 4BF05534 existente, cunha lonxitude de 72 metros en condutor existente LA-56.

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no apoio proxectado AP2 tipo C-4500-16 en substitución do apoio A62573 e final no apoio 4BF03615 existente, cunha lonxitude de 335 metros en condutor existente LA-110.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe na subestación de Foz e final no CT 7057 Areosas proxectado, cunha lonxitude de 995 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe no CT 7057 Areosas proxectado e final no CT 7052 Damián Sierra proxectado, cunha lonxitude de 375 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe no CT 7052 Damián Sierra proxectado e final nun PAS situado no apoio proxectado AP1, cunha lonxitude de 80 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe na subestación de Foz e final no CT 7060 Esp. Feria proxectado, cunha lonxitude de 1.490 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no CT 7060 Esp. Feria proxectado e final no CT 7061 Goleta proxectado, cunha lonxitude de 630 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no CT 7061 Goleta proxectado e final no CT 6299 Espiñeira existente, cunha lonxitude de 295 metros de condutor existente tipo RHZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cabarcos, con orixe na subestación de Foz e final nun PAS situado no apoio existente A90576, cunha lonxitude de 2.395 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo1, con orixe na subestación de Foz e final no CT 8689 Tizón, cunha lonxitude de 5.905 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado 7057 Areosas, en substitución do actual CTI 8663 Areosas, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7052 Damián Sierra, en substitución do actual CT 8890 Damián Sierra, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7060 Esp. Feria, en substitución do actual CT 2866 Esp. Feria, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7061 Goleta, en substitución do actual CTI 5774 Goleta, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 840 metros de RHZ1-240, 740 metros de RHZ1-150, 20 metros de RHZ1-95, 2790 metros de LARL-125, 2.420 metros de LA-110, 445 metros de LA-56, 25 apoios de celosía, 2 apoios de formigón, catro fusibles XS, os CTI 8663 Areosa e 5774 Goleta e o desmantelamento dos CTC 8890 Damián Sierra e 2866 Esp. Feria.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 1.560.352,40 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Foz.

• Separata para o Concello de Barreiros.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

• Separata para o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

• Separata para a Dirección Xeral de Estradas.

• Separata para Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 24 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo