DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/253-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: enlace en LAT 20 kV Tablicia (CT Coeses – CT Ribas de Miño).

– Situación: concello de Lugo.

– Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia a novo CT Coeses, con orixe no apoio A72027 existente na LAT Tablicia e final no CT Coeses proxectado, cunha lonxitude de 60 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia enlace CT Coeses – CT Ribas de Miño, con orixe no CT Coeses proxectado e final no CT Ribas de Miño proxectado, cunha lonxitude de 5.580 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia a novo CT Ribas de Miño, con orixe no apoio A89464 existente na LAT Tablicia e final no CT Ribas de Miño proxectado, cunha lonxitude de 115 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado Coeses cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado Ribas de Miño cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, no cal se instalan catro celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230V.

– Finalidade da instalación: mellora da subministración.

– Orzamento: 1.191.699,72 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 24 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo