DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42382

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024 relativa ao nomeamento dos membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia.

A Presidencia da Xunta Electoral de Galicia, en cumprimento do Decreto 160/2024, do 24 de xuño, da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG núm. 122, do 25 de xuño), procedeu ao nomeamento dos membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia.

Deste xeito dáse contido ao disposto no artigo 15 da Lei autonómica 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, onde se establece que os nomeados por decreto, ao comezo de cada lexislatura, permanecerán no exercicio do seu mandato ata a toma de posesión da nova xunta electoral.

Na súa virtude e ao abeiro do disposto no artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, e en execución do acordo adoptado pola Xunta Electoral de Galicia na reunión do día de hoxe, esta presidencia resolveu declarar:

O día 10 de xullo de 2024 constitúese a Xunta Electoral de Galicia cos seguintes membros:

Presidente: José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto).

Vicepresidente: Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.b).

Vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.c):

José Antonio Varela Agrelo.

Dolores Rivera Frade.

Luis Fernando de Castro Mejuto.

Vogais: profesores en activo das facultades de Dereito de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo (artigo 14.1.d):

Xosé Manuel Carril Vázquez.

José Julio Fernández Rodríguez.

Gumersindo Guinarte Cabada.

Mónica Siota Álvarez.

Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia (artigo 15.2).

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 10 de xullo de 2024

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente da Xunta Electoral de Galicia