DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42380

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

1. O 21 de marzo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

2. O ordinal terceiro, parágrafo 1, da citada resolución establece que as axudas previstas nesta convocatoria se farán efectivas por un importe total de 9.423.000 euros, con cargo ás seguintes anualidades e aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024:

Anualidade

Aplicación

Importe

2024

06.81.451A.770.1

76.000 €

06.81.451A.780.0

2.500.000 €

2025

06.81.451A.770.1

47.000 €

06.81.451A.780.0

6.800.000 €

3. Por outra banda, o parágrafo 3 do mesmo ordinal prevé que a contía establecida poderá ser ampliada mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), e terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Tendo en conta que o número de solicitudes presentadas e susceptibles de obter a axuda supera o importe do crédito orzamentario previsto inicialmente na convocatoria, resulta necesario ampliar a dotación orzamentaria prevista na dita Resolución do 8 de marzo de 2024.

5. De conformidade cos artigos 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co ordinal terceiro da Resolución do 8 de marzo de 2024, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024.

O incremento da dotación será de 1.527.366,38 euros, distribuídos nas seguintes aplicacións orzamentarias e anualidades:

Anualidade 2024

Anualidade 2025

06.81.451A.770.1

50.000,00 €

50.000, 00 €

06.81.451A.780.0

788.676,11 €

638.690,27 €

Polo tanto, a contía máxima das subvencións que se poderán conceder con cargo á devandita convocatoria será de 10.950.366,38 euros.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo