DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42043

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 13 de marzo de 2024.

A Orde do 13 de marzo de 2024 regula a convocatoria e a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (DOG número 61, do 26 de marzo).

Logo de ver os informes proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 18 da convocatoria e polo órgano instrutor que recolle o artigo 16, e en virtude das facultades que me confire, segundo a disposición adicional segunda do Decreto 49/2024, do 22 de abril, e a Orde do 29 de xullo de 2022 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Orde do 13 de marzo de 2024.

Segundo. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na Orde do 13 de marzo de 2024, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO

Número de expediente

Entidade

Modalidade

Importe

Motivo de denegación

2024/0001

Concello de Oímbra

Programas de dinamización lingüística

Artigo 1 da convocatoria

2024/0002

Concello de Val do Dubra

Mantemento do servizo lingüístico

7.145,77 €

2024/0003

Concello de Padrón

Programas de dinamización lingüística

2.501,85 €

2024/0004

Concello de Vilaboa

Programas de dinamización lingüística

1.867,00 €

2024/0005

Concello de Carballo

Mantemento do servizo lingüístico

6.794,34 €

2024/0006

Concello de Ribadavia

Programas de dinamización lingüística

3.865,75 €

2024/0007

Concello do Pino

Programas de dinamización lingüística

3.045,74 €

2024/0008

Concello de Marín

Programas de dinamización lingüística

2.284,31 €

2024/0009

Concello de Ames

Mantemento do servizo lingüístico

10.434,17 €

2024/0010

Concello de Muros

Mantemento do servizo lingüístico

5.873,93 €

2024/0011

Concello do Carballiño

Mantemento do servizo lingüístico

7.070,47 €

2024/0012

Concello de Narón

Mantemento do servizo lingüístico

7.070,47 €

2024/0013

Concello de Santa Comba

Mantemento do servizo lingüístico

7.996,32 €

2024/0014

Concello de Vila de Cruces

Programas de dinamización lingüística

1.348,80 €

2024/0015

Agrupamento dos Concellos de Quiroga e Ribas de Sil

Creación dun servizo lingüístico

7.217,95 €

2024/0016

Concello de Melide

Mantemento do servizo lingüístico

6.852,91 €

2024/0017

Concello de Cambados

Programas de dinamización lingüística

2.610,64 €

2024/0018

Agrupamento dos Concellos de Carnota e Mazaricos

Mantemento do servizo lingüístico

8.516,98 €

2024/0019

Concello de Cuntis

Programas de dinamización lingüística

1.629,76 €

2024/0020

Concello de Viveiro

Programas de dinamización lingüística

3.372,07 €

2024/0021

Concello da Coruña

Mantemento do servizo lingüístico

8.158,23 €

2024/0022

Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes

Mantemento do servizo lingüístico

10.459,27 €

2024/0023

Concello de Cangas

Programas de dinamización lingüística

4.066,56 €

2024/0024

Concello da Cañiza

Mantemento do servizo lingüístico

6.551,69 €

2024/0025

Concello de Ribadumia

Programas de dinamización lingüística

3.397,17 €

2024/0026

Concello de Ferrol

Mantemento do servizo lingüístico

8.702,11 €

2024/0027

Concello das Neves

Programas de dinamización lingüística

2.719,40 €

2024/0028

Concello de Outeiro de Rei

Programas de dinamización lingüística

2.828,19 €

2024/0029

Concello de Sanxenxo

Programas de dinamización lingüística

2.828,19 €

2024/0030

Concello de Betanzos

Mantemento do servizo lingüístico

7.396,79 €

2024/0031

Concello de Malpica de Bergantiños

Programas de dinamización lingüística

3.000,00 €

2024/0032

Concello de Moaña

Mantemento do servizo lingüístico

7.179,24 €

2024/0033

Concello de Silleda

Programas de dinamización lingüística

1.740,00 €

2024/0034

Concello de Abegondo

Mantemento do servizo lingüístico

7.614,35 €

2024/0035

Concello de Poio

Programas de dinamización lingüística

2.828,19 €

2024/0036

Concello do Porriño

Programas de dinamización lingüística

1.540,99 €

2024/0037

Concello de Cerdedo-Cotobade

Programas de dinamización lingüística

2.610,64 €

2024/0038

Concello de Xove

Programas de dinamización lingüística

3.049,92 €

2024/0039

Concello de Teo

Mantemento do servizo lingüístico

8.902,93 €

2024/0040

Concello de Ribeira

Mantemento do servizo lingüístico

8.702,11 €

2024/0041

Concello de Tomiño

Programas de dinamización lingüística

2.284,31 €

2024/0042

Concello de Boiro

Mantemento do servizo lingüístico

7.505,57 €

2024/0043

Concello de Moraña

Programas de dinamización lingüística

1.957,97 €

2024/0044

Concello de Pontecesures

Programas de dinamización lingüística

660,00 €

2024/0045

Concello de Cariño

Programas de dinamización lingüística

2.175,53 €

2024/0046

Concello da Estrada

Mantemento do servizo lingüístico

8.250,27 €

2024/0047

Concello de Miño

Mantemento do servizo lingüístico

6.438,73 €

2024/0048

Concello de Ponte Caldelas

Programas de dinamización lingüística

1.987,27 €

2024/0049

Concello de Carral

Mantemento do servizo lingüístico

6.417,81 €

2024/0050

Concello de Vedra

Programas de dinamización lingüística

2.196,44 €

2024/0051

Concello de Ponteareas

Mantemento do servizo lingüístico

6.417,81 €

2024/0052

Concello de Oia

Programas de dinamización lingüística

2.824,00 €

2024/0053

Concello das Pontes de García Rodríguez

Mantemento do servizo lingüístico

3.614,72 €

2024/0054

Concello de Barbadás

Programas de dinamización lingüística

3.154,52 €

2024/0055

Concello de Arzúa

Programas de dinamización lingüística

3.501,76 €

2024/0056

Concello de Oleiros

Mantemento do servizo lingüístico

8.375,78 €

2024/0057

Concello de Redondela

Mantemento do servizo lingüístico

Artigo 12.1.a)

2024/0058

Agrupamento dos Concellos da Gudiña, Riós e A Mezquita

Programas de dinamización lingüística

1.874,30 €

2024/0059

Agrupamento dos Concellos de Negreira e A Baña

Creación dun servizo lingüístico

2.899,60 €

2024/0060

Concello do Barco de Valdeorras

Programas de dinamización lingüística

3.480,85 €

2024/0061

Concello da Laracha

Programas de dinamización lingüística

3.501,76 €

2024/0062

Concello de Meis

Programas de dinamización lingüística

1.196,54 €

2024/0063

Concello de Valga

Mantemento do servizo lingüístico

6.677,20 €

2024/0064

Concello de Valdoviño

Programas de dinamización lingüística

2.038,80 €

2024/0065

Concello do Rosal

Programas de dinamización lingüística

2.393,08 €

2024/0066

Concello de Ponteceso

Mantemento do servizo lingüístico

4.706,67 €

2024/0067

Concello de Cabanas

Programas de dinamización lingüística

1.604,25 €

2024/0068

Concello de Mondariz

Programas de dinamización lingüística

3.162,88 €

2024/0069

Concello da Guarda

Programas de dinamización lingüística

1.522,90 €

2024/0070

Concello de Outes

Creación dun servizo lingüístico

6.677,20 €

2024/0071

Agrupamento dos Concellos de Rois e Dodro

Mantemento do servizo lingüístico

9.183,24 €

2024/0072

Concello de Mos

Programas de dinamización lingüística

3.046,00 €

2024/0073

Concello de Bueu

Programas de dinamización lingüística

2.937,00 €

2024/0074

Concello de Vilagarcía de Arousa

Programas de dinamización lingüística

3.163,00 €

2024/0075

Concello de Celanova

Programas de dinamización lingüística

2.092,00 €

2024/0076

Concello de Caldas de Reis

Programas de dinamización lingüística

2.929,00 €

2024/0077

Agrupamento dos Concellos da Veiga e Viana do Bolo

Programas de dinamización lingüística

3.918,04 €

2024/0078

Concello de Soutomaior

Programas de dinamización lingüística

2.502,00 €

2024/0079

Concello da Pobra do Caramiñal

Mantemento do servizo lingüístico

5.987,00 €

2024/0080

Agrupamento dos Concellos de Castrelo de Miño e Boborás

Programas de dinamización lingüística

2.969,00 €

Total:

350.000,00 €