DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42051

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PE205I).

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 131, do 8 de xullo de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 40919, onde di:

«ANEXO XV

Retribucións brutas máximas do persoal contratado

Titulación

Importe mensual bruto para unha xornada máxima

de 40 horas semanais

Título de doutoramento, licenciado ou equivalente

2.094,71 €

Diplomatura ou equivalente

1.748.89 €

Título de bacharelato, BUP, formación profesional de técnico superior, FP II

1.404,22 €

Formación profesional de técnico, FP I, educación secundaria obrigatoria

1.189,88 €»

Debe dicir:

1.189,88 €

Graduado escolar (EXB) e outros

1.066,51 €»

Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.