DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42104

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

BDNS (Identif.): 773466.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as confrarías de pescadores e federacións destas, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro e as entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

Cuarto. Contía

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 1.750.000 € distribuído en dúas anualidades, con cargo á aplicación orzamentaria 46.03.723A.770.1, código de proxecto 2024 142, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

46.03.723A.770.1

2024 142

1.000.000 €

750.000 €

1.750.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo día ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo remata o último día de mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

De non esgotarse o crédito orzamentario, ou de resultar incrementado este posteriormente en virtude de renuncias, de modificación de resolucións de outorgamento ou de dotacións orzamentarias adicionais, poderase emitir unha nova proposta de resolución, na cal se terán en conta as solicitudes que formen parte da lista de reserva a que se refire o artigo 21.2 desta orde.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar