DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución de seu expediente acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2024/2791-4 e sete máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 28 de xuño de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2024/2791-4

45846028J

Denegatoria

PR204A 2024/4128-4

X9192825R

Denegatoria

PR204A 2024/4176-4

35563648J

Denegatoria

PR204A 2024/4334-4

77401542X

Denegatoria

PR204A 2024/4351-4

35242322C

Denegatoria

PR204A 2024/4402-4

31694625G

Denegatoria

PR204A 2024/4439-4

78735281W

Denegatoria

PR204A 2024/4625-4

32842737W

Denegatoria