En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción, e o outorgamento dunha nova concesión de augas, coas seguintes características:
Titular: Comunidade de Usuarios Augas de Cancelo.
Expediente: DH.A15.12365 e DH.A15.99832.
Volume total anual: 2.738 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,087 l/s.
Destino: uso doméstico.
Orixe: mina.
Lugar: Cancelo.
Parroquia: Cando.
Concello: Outes.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga por medio dunha mina de 22 m de longo na parcela Súas Hortas; recóllese a auga nunha arqueta da que sae unha tubaxe de 80 mm de diámetro que vai ao depósito de distribución do que parten as tubaxes para as 9 vivendas da Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro