DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0258/2023-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0258/2023-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 27 de xuño de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-FE-0258/2023-PPM

33449311C

Resolución

Avenida La Paz, 21, 1º A, Peralta

PSC-FE-0275/2023-PPM

16049973K

Resolución

r/ Voluntariado, 11, planta baixa, Fisterra

PSC-FE-0280/2023-PPM

49679409F

Resolución

O Portiño, 34, baixo, A Coruña