DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41701

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de cociñeiro/a en virtude de probas selectivas convocadas mediante resolución do 16 de maio de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 16 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de cociñeiro/a, grupo III, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85 j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de cociñeiro/a a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre na situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas de maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7084**

Sanmartín Quintela, María Dolores