DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41641

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO do 8 de xullo de 2024 da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

BDNS (Identif.): 773114.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

Segundo. Obxecto

Convocar axudas económicas para a realización en empresas do modulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Cuarto. Importe

O importe total das axudas económicas efectuarase con cargo ao concepto orzamentario 37.04.422M.480.0 dentro do exercicio orzamentario do ano 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, ata un importe máximo de 900.000 € (novecentos mil euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo será de sesenta (60) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2024.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional