DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41643

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, conxunta da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2024 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

A Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro de 2024), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2024.

O obxecto do programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG (cofinanciadas parcialmente polo FSE+), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A, para as universidades do SUG, e IN606A, para as demais entidades).

As axudas ás universidades do SUG estarán cofinanciadas parcialmente nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 3: educación e formación; obxectivo específico ESO4.6: promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade, e medida 3.F.01: axudas á formación predoutoral.

Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. Ademais, fináncianse estadías no estranxeiro de tres meses de duración, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e, no artigo 2.4 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas a estas axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 da convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días hábiles para formularen reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Axencia Galega de Innovación, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 2 de maio de 2024 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas excluídas.

As solicitudes admitidas foron valoradas seguindo os criterios de valoración do artigo 10. A valoración da adecuación do proxecto de investigación á Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3) foi realizada por un grupo de traballo designado polo Grupo Técnico da Comisión Interdepartamental de I+D+i.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, por delegación da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

O Decreto 42/2024, do 14 abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo 1, establece que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pasa a denominarse Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no seu artigo 3, adscribe a Axencia Galega de Innovación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 12 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 3 de xuño de 2024, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas de apoio á etapa predoutoral convocadas pola Orde do 27 de decembro de 2024 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, no que se reflicte tamén a zona de estadía concedida para as persoas que a solicitaron.

No ámbito das universidades do SUG concédense un mínimo de 12 axudas por cada rama de coñecemento, de acordo co indicado no artigo 4.2 da convocatoria.

Segundo. Establecer dúas listas de espera (unha para cada órgano instrutor), que se inclúen como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 11. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 16 de xullo de 2024, agás para as persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o 1 de outubro de 2024. Os contratos regulados na Orde do 27 de decembro de 2023 serán interpretados e regulados consonte o establecido no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e as súas modificacións.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 23 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 90 axudas.

Aplic. orzamentaria (cod. proxecto)

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

37.02.561B.444.0 (2016 00129)

UDC

9

19.755,00

29.664,00

62.914,00

10.539,00

30.600,00

153.472,00

USC

61

133.895,00

201.056,00

455.306,00

71.431,00

207.400,00

1.069.088,00

UVigo

20

43.900,00

65.920,00

146.920,00

23.420,00

68.000,00

348.160,00

Total FP

197.550,00

296.640,00

665.140,00

105.390,00

306.000,00

1.570.720,00

37.02.561B.444.0 (2023 00074)

UDC

9

41.445,00

198.936,00

202.086,00

225.711,00

213.750,00

881.928,00

USC

61

280.905,00

1.348.344,00

1.369.694,00

1.529.819,00

1.448.750,00

5.977.512,00

UVigo

20

92.100,00

442.080,00

449.080,00

501.580,00

475.000,00

1.959.840,00

Total FSE

414.450,00

1.989.360,00

2.020.860,00

2.257.110,00

2.137.500,00

8.819.280,00

Total SUG

90

612.000,00

2.286.000,00

2.686.000,00

2.362.500,00

2.443.500,00

10.390.000,00

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026 nas anualidades de 2024, 2025 e 2026. As anualidades 2027 e 2028 imputaranse ao novo plan de financiamento universitario. As axudas ás universidades do SUG están cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Demais entidades: 12 axudas.

Aplicación orzamentaria

Acrónimo entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

09.A2.561A.403.0

IIM-CSIC

3

20.400,00

76.200,00

91.000,00

78.750,00

81.450,00

347.800,00

09.A2.561A.443.29

FBGS

2

13.600,00

50.800,00

58.000,00

52.500,00

54.300,00

229.200,00

09.A2.561A.443.28

FIDIS

4

27.200,00

101.600,00

122.000,00

105.000,00

108.600,00

464.400,00

09.A2.561A.443.25

INIBIC

3

20.400,00

76.200,00

93.000,00

78.750,00

81.450,00

349.800,00

Total

12

81.600,00

304.800,00

364.000,00

315.000,00

325.800,00

1.391.200,00

A relación de acrónimos das entidades solicitantes citados na táboa anterior é a seguinte:

Acrónimo da entidade

Denominación completa

NIF

IIM-CSIC

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Q2818002D

FBGS

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

G36911972

FIDIS

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

G15796683

INIBIC

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

G15335219

Sexto. As entidades beneficiarias deberán enviar un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 16 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. No ámbito das universidades do SUG, o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, aprobado pola Comisión Europea o 9 de decembro de 2022 e responde aos obxectivos previstos nel: obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do alicerce europeo de dereitos sociais, prioridade 3: educación e formación ESO4.6. Promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade.

O cofinanciamento realizarase segundo o sistema de custos simplificados que incorpora a operación conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. O método establecido é un custo unitario anual, de acordo con o artigo 53.1.b) do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

As universidades do SUG beneficiarias teñen as seguintes obrigacións:

1. Están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular: o Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, e o Regulamento (UE) nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se deroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013.

2. Require a observancia das normas de subvencionabilidade nacionais que estableza o ministerio con competencias en materia de traballo e seguridade social, mediante as que se determinen os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.

3. Comporta a obrigación de asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, se é o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais, así como con outros períodos de programación.

4. Require da concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación, como para recoller datos completos de participantes e entidades beneficiadas polas operacións, para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de realización e de resultados a que fai referencia o artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/1057, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+), e que se especifican no anexo I do devandito regulamento. Garantirase que se dispoñerá dos datos individualizados de cada un dos destinatarios últimos das actuacións que permitan o cálculo dos devanditos indicadores.

5. Implica o cumprimento das exixencias de visibilidade, transparencia e comunicación reguladas no capítulo III do título IV do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e dos demais requisitos establecidos para o efecto pola estratexia de comunicación do organismo intermedio. En concreto, deberá prestar especial atención ás obrigacións recollidas no artigo 50 do devandito regulamento e ter en conta as características técnicas detalladas no seu anexo IX e no documento O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027 .

6. Comporta a súa inclusión na lista de operacións regulada no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

7. Obriga a manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coas operacións, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

8. Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio, a realización da actividade e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 e 81 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

9. Comporta, así mesmo, someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúen os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, as de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e outros órganos de control da Administración do Estado ou da Unión Europea, impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control, achegando para iso canta información lles sexa requirida.

10. Conforme o artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, comporta conservar no nivel adecuado todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciban axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario.

11. Comporta a obrigación por parte do órgano xestor, se é o caso, de comprobar que se mantén o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria.

12. Comporta establecer as condicións detalladas para o intercambio electrónico de datos, de ser o caso (artigo 10.1 do Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro), co fin de cumprir co establecido no artigo 69.8 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021.

13. Comporta cubrir as listas de comprobación correspondentes, que servirán de base para as verificacións que leve a cabo o organismo intermedio.

14. Exixe aplicar as medidas de análises do risco e prevención da fraude, que correspondan en función da operación executada, empregando para iso, entre outras, as ferramentas que lles sexan facilitadas polo organismo intermedio.

15. Implica colaborar co organismo intermedio na revisión anual que se realice do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, de acordo con os artigos 41 e 42 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

16. Comporta, no caso de que a actuación fose seleccionada como unha operación de importancia estratéxica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 en relación co artigo 2 (5) do Regulamento (UE) nº 2021/1060, ou que o seu custo total sexa superior a 10.000.000 euros, velar polo cumprimento dos requisitos exixidos para a súa implementación, en especial levar a cabo aquelas actividades de comunicación exixidas no artigo 50.1.e) do mencionado regulamento.

17. Implica contribuír, de ser o caso, ao obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, o Acordo de París e o principio de non causar un prexuízo significativo.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 12 da Orde do 27.12.2023)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional e
presidente da Axencia Galega de Innovación
P.D. (Artigo 12 da Orde 27.12.2023)
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona

Área de

coñecemento

Puntuación

final

ED481A-2024-079

Bao

Souto

Eliseo

2

Enxeñaría e Arquitectura

84,0017

ED481A-2024-132

Rodríguez

Buján

Iván

1

Ciencias

83,3550

ED481A-2024-144

Alvite

Bergara

Nerea

3

Ciencias

81,1392

ED481A-2024-204

Castiñeira

Lampón

Susana

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

79,3821

ED481A-2024-228

González

Bello

Gabriel

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

77,2962

ED481A-2024-148

Fiaño

Salinas

Carlota

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

74,5374

ED481A-2024-109

Sánchez

Rebon

Bianca

3

Ciencias da Saúde

73,4716

ED481A-2024-217

Cernadas

Varela

Lucía

3

Artes e Humanidades

71,6636

ED481A-2024-173

Guerra

Fandiño

Verónica

2

Ciencias da Saúde

71,0969

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona

Área de

coñecemento

Puntuación

final

ED481A-2024-218

Pazos

Moure

Alex

3

Ciencias

92,3955

ED481A-2024-154

Benavides

Álvarez

Tomás

3

Enxeñaría e Arquitectura

90,0867

ED481A-2024-170

Iglesias

Moure

José

2

Ciencias

89,2475

ED481A-2024-039

Suárez

Barro

Noel

2

Enxeñaría e Arquitectura

89,0401

ED481A-2024-037

Fernández

Rial

Celia

3

Ciencias

88,2159

ED481A-2024-179

Majadas

Moure

Alejandro Omar

3

Ciencias

88,1344

ED481A-2024-085

García

Crivaro

Lucía Agustina

3

Ciencias

87,7323

ED481A-2024-096

García

Fernández

Miguel

2

Ciencias

87,1250

ED481A-2024-203

González

Portela

María

3

Ciencias

86,2231

ED481A-2024-034

Pernas

Fraguela

Carlos

3

Ciencias

85,0730

ED481A-2024-121

Bordallo

León

Fernando

3

Ciencias

84,9430

ED481A-2024-152

Cora

Calvo

Víctor

3

Ciencias

84,5985

ED481A-2024-086

Mosquera

Ferreiro

Lucía

3

Ciencias

84,4542

ED481A-2024-115

Vale

Gómez

Alejandra

3

Ciencias

84,3579

ED481A-2024-119

Méndez

López

Nara

2

Artes e Humanidades

84,2758

ED481A-2024-014

Rial

Paz

Paloma

3

Ciencias da Saúde

83,9504

ED481A-2024-112

Malga

Díaz

José Manuel

3

Ciencias

83,7849

ED481A-2024-070

Vázquez

Abuín

Marta

2

Artes e Humanidades

83,5710

ED481A-2024-063

Faílde

Fiestras

Alejandro

3

Ciencias

83,4570

ED481A-2024-080

Gómez

Miguel

3

Ciencias

83,3173

ED481A-2024-123

Aramburu

González

Leyre

2

Ciencias

82,2045

ED481A-2024-133

Quintela

Vilariño

Carmen

2

Ciencias

82,0695

ED481A-2024-134

Maza

Barón

Álvaro

3

Ciencias

82,0212

ED481A-2024-059

Vivel

Couso

Ainhoa

2

Enxeñaría e Arquitectura

81,7060

ED481A-2024-182

Sánchez

Martínez

Laura

3

Ciencias

81,4096

ED481A-2024-142

Vázquez

Carballo

Irene

2

Ciencias

81,2705

ED481A-2024-044

Aboal

Castro

Lucía

3

Ciencias da Saúde

80,9055

ED481A-2024-108

Aguirre

Azorín

Pablo

2

Ciencias

80,8980

ED481A-2024-174

Castelo

Mourelle

Samuel

2

Ciencias

80,7895

ED481A-2024-049

Máximo

Moreno

Irene

3

Ciencias

80,6159

ED481A-2024-073

Antelo

Riveiro

Paula

3

Ciencias

80,4027

ED481A-2024-092

Recarey

Rama

Sheila

3

Ciencias

80,3500

ED481A-2024-031

Rodríguez

Lemus

Beatriz

3

Ciencias

80,3201

ED481A-2024-045

Beceiro

Cillero

Iñaki

3

Ciencias

80,1838

ED481A-2024-180

Aguilera

Llavero

María

3

Ciencias

80,1310

ED481A-2024-023

Gayo

Pérez

Pablo

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

80,0785

ED481A-2024-057

Ibeas

Moreno

Elena

2

Ciencias

79,9490

ED481A-2024-035

Carballo

Pacoret

Pablo

2

Ciencias

79,7254

ED481A-2024-043

Rodríguez

Pampín

Iván

2

Ciencias da Saúde

79,6663

ED481A-2024-163

Boullón

Cassau

Miguel

2

Ciencias

79,5460

ED481A-2024-165

González

Pérez

Diego

2

Ciencias da Saúde

79,5330

ED481A-2024-047

González

Santos

Alejandro

2

Enxeñaría e Arquitectura

79,4364

ED481A-2024-069

Fiel

Baña

Alejandro

3

Ciencias

79,4167

ED481A-2024-042

Iglesias

Balsa

Candela

2

Artes e Humanidades

78,5791

ED481A-2024-008

Robés

Ysart

Diego

2

Enxeñaría e Arquitectura

78,1076

ED481A-2024-050

Acuña

Lorenzo

Sergio

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

78,0033

ED481A-2024-089

Ares

Sainz

José Luis

2

Enxeñaría e Arquitectura

77,5978

ED481A-2024-124

López

Pena

Javier

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

77,5237

ED481A-2024-078

Cernadas

Lema

Carmen Gloria

2

Artes e Humanidades

76,7775

ED481A-2024-083

Hernández

Faria de Moraes

Stella

3

Enxeñaría e Arquitectura

76,4206

ED481A-2024-055

Avendaño

Carballo

Nicolás

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

76,2399

ED481A-2024-030

Rodríguez

García

Nuria

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

75,5457

ED481A-2024-046

Fernández

Ledo

Fátima

1

Ciencias Sociais e Xurídicas

74,7265

ED481A-2024-100

Rendo

González

Sofía

2

Ciencias da Saúde

74,0641

ED481A-2024-032

Real

Besteiro

Santiago

2

Artes e Humanidades

73,8842

ED481A-2024-015

Lestido

Cardama

Yago

3

Enxeñaría e Arquitectura

73,7699

ED481A-2024-113

Vacas

García

Jorge Manuel

3

Ciencias da Saúde

73,3225

ED481A-2024-155

Bohorquez

Villanueva

Natalia Rosa

2

Ciencias da Saúde

72,2873

ED481A-2024-137

Teijeiro

Teijeira

Ana

1

Ciencias da Saúde

71,6243

ED481A-2024-117

González

Rodríguez

Nerea

2

Ciencias da Saúde

71,3981

ED481A-2024-167

Pazos

Soto

Lara

2

Ciencias da Saúde

69,7761

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona

Área de

coñecemento

Puntuación

final

ED481A-2024-220

Baltrusch

Montero

Kai Lois

3

Ciencias

85,0959

ED481A-2024-212

García

Boente

Soto

Mariana

3

Ciencias

85,0550

ED481A-2024-076

García

Quintana

Ana

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

84,8575

ED481A-2024-224

Hervés

Pardavila

Adrián

2

Ciencias

82,0228

ED481A-2024-195

Toucedo

Rodríguez

Rocío

3

Ciencias

80,0316

ED481A-2024-230

Barciela

Álvarez

Paula

2

Ciencias

79,8060

ED481A-2024-246

Pérez

Souto

Celia

3

Ciencias

79,6730

ED481A-2024-210

Copete

Hernández

María Fernanda

3

Ciencias

79,4180

ED481A-2024-245

Magdalena

Iglesias

Álvaro

3

Ciencias

79,3113

ED481A-2024-190

Alonso

Rodríguez

Aitor

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

78,9412

ED481A-2024-020

Iglesias

Pérez

Ana

2

Artes e Humanidades

77,8630

ED481A-2024-189

Beloborodova

Anastasia

2

Artes e Humanidades

77,7005

ED481A-2024-077

Roa

Martínez

Teresa

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

76,1266

ED481A-2024-019

González

Feijoo

Rocío

1

Enxeñaría e Arquitectura

75,7995

ED481A-2024-081

Herrera

Alfaya

Rodrigo

3

Artes e Humanidades

75,0990

ED481A-2024-027

Miranda

Rodas

María Blanca

2

Artes e Humanidades

73,7847

ED481A-2024-022

Montenegro

Vázquez

Iván

3

Enxeñaría e Arquitectura

73,4050

ED481A-2024-208

Camanzo

Mariño

Alejandro

2

Enxeñaría e Arquitectura

73,2508

ED481A-2024-010

Sánchez

Rodríguez

Xulia

3

Artes e Humanidades

73,0788

ED481A-2024-194

Da Gama Gonçalves

Pereira

Mafalda

2

Artes e Humanidades

71,8630

Outras entidades.

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2024/004

Sánchez

Cazorla

Eloísa

3

Ciencias

78,2685

IN606A-2024/010

Vázquez

Durán

José Adrián

2

Ciencias da Saúde

84,1688

IN606A-2024/011

López

Pleguezuelos

Carlos

3

Ciencias

78,0000

IN606A-2024/015

García

Martínez

María

3

Ciencias da Saúde

79,3086

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2024/020

Copena

Soutelo

Ana

3

Ciencias

84,8643

IN606A-2024/022

Sánchez

Peña

Lucía

3

Ciencias

78,3770

IN606A-2024/033

Báez

Barroso

Gabriela Alejandra

3

Ciencias

78,7170

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2024/017

Pino

González

Manuel

2

Ciencias

85,4545

IN606A-2024/027

Pérez

Rivas

Andrea

2

Ciencias da Saúde

82,2777

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2024/007

Millán

Fernández

Laura

2

Ciencias

79,3410

IN606A-2024/008

López

Haslett

María

3

Ciencias

81,1441

IN606A-2024/024

Papadopoulo

-

Kenn

3

Ciencias

82,2094

ANEXO II

Listas de espera

Universidades do SUG.

Nº de orde

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Área de coñecemento

Zona

Puntuación final

1

ED481A-2024-075

USC

Cuntín

Broullón

Iván

Ciencias

3

79,2431

2

ED481A-2024-141

UDC

Dafonte

Rodríguez

Pedro

Ciencias

3

79,2188

3

ED481A-2024-065

USC

Pérez

Espinazo

Sofía

Ciencias

3

78,6815

4

ED481A-2024-214

UVigo

Vidal

Capón

André

Ciencias

2

78,6210

5

ED481A-2024-213

UVigo

Paladea

Rojo

Rocío

Ciencias

3

78,4976

6

ED481A-2024-105

USC

González

Rendo

Lara

Ciencias

2

78,3130

7

ED481A-2024-135

USC

Romero

González

Adrián

Ciencias

2

78,0335

8

ED481A-2024-225

UVigo

Melón

Raña

Adrián

Ciencias

2

77,9659

9

ED481A-2024-122

USC

Hervés

Carrete

Carlos

Ciencias

3

77,7877

10

ED481A-2024-191

UVigo

Días

Lorenzo

Duarte Augusto

Ciencias

1

77,6910

11

ED481A-2024-009

USC

Duque

Villaverde

Andrés

Ciencias

3

77,4080

12

ED481A-2024-175

USC

Moares

Guedes

José Augusto

Ciencias

2

77,3322

13

ED481A-2024-197

USC

Carbajales

Martínez

Eloy

Ciencias

3

77,2637

14

ED481A-2024-126

UVigo

Barreiro

Fonta

Helena

Ciencias

1

77,0695

15

ED481A-2024-029

USC

Muñoz

Villoria

Alberto

Ciencias

3

76,9330

16

ED481A-2024-012

UVigo

Gallego

García

Laura

Ciencias

2

76,8958

17

ED481A-2024-237

UDC

Vila

García

Alejandro

Ciencias

2

76,8333

18

ED481A-2024-016

UDC

Rodríguez

Montes

Andrea

Ciencias

2

76,1203

19

ED481A-2024-102

USC

Diz

Castro

Daniel

Ciencias

3

76,0697

20

ED481A-2024-196

UVigo

Terrón

Hernández

Daniel

Ciencias

1

75,9884

21

ED481A-2024-161

USC

Rivas

Saborido

Adrián

Ciencias

3

75,9457

22

ED481A-2024-157

UDC

Ferradanes

Martínez

Ángel

Ciencias

3

75,9103

23

ED481A-2024-166

USC

Valín

Morandeira

María del Rocío

Ciencias

2

75,8407

24

ED481A-2024-002

UDC

Pérez

Ferreiro

María

Ciencias

2

75,3773

25

ED481A-2024-004

UDC

Ansín

Vallejo

Carmen

Ciencias

2

75,3065

26

ED481A-2024-151

UDC

González

Novoa

Alexandre

Ciencias

2

75,2870

27

ED481A-2024-007

UDC

Fouz

Penas

Uxía

Ciencias

2

74,8704

28

ED481A-2024-176

USC

Casanova

Adán

Lucía

Ciencias

2

74,7943

29

ED481A-2024-090

USC

López

Villasante

Pedro

Ciencias

2

73,5892

30

ED481A-2024-021

UVigo

Sánchez

Guirao

Laura

Ciencias

3

73,5535

31

ED481A-2024-104

USC

Blanco

Vales

María

Ciencias

3

73,2154

32

ED481A-2024-236

UVigo

Sánchez

Juárez

Víctor José

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

73,1370

33

ED481A-2024-053

USC

Oreiro

Martínez

Paula

Ciencias

1

73,0554

34

ED481A-2024-017

UDC

Rey

Furelos

Martín

Enxeñaría e Arquitectura

2

72,8138

35

ED481A-2024-178

UDC

Teira

Fachado

Andrea

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

72,6160

36

ED481A-2024-248

UVigo

Domínguez

Pavón

Jorge

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

72,5587

37

ED481A-2024-172

UDC

Naveira

Pazos

Cecilia

Ciencias

2

72,4985

38

ED481A-2024-127

UVigo

Cruz

Cadaya

Yago

Enxeñaría e Arquitectura

3

72,4738

39

ED481A-2024-095

USC

Alcayde

Dans

Xián Lois

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

72,3020

40

ED481A-2024-094

UDC

Ortega

Morla

Javier

Enxeñaría e Arquitectura

2

71,9710

41

ED481A-2024-071

USC

Carballo

De Jesus

Javier

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

71,8882

42

ED481A-2024-153

USC

Pascual

Presa

Noel

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

71,8817

43

ED481A-2024-125

UVigo

García

Ontiyuelo

Mario

Enxeñaría e Arquitectura

 

71,8460

44

ED481A-2024-147

USC

Leis

García

Lidia

Artes e Humanidades

2

71,5049

45

ED481A-2024-234

UVigo

Pérez

Vázquez

Ana

Ciencias

2

71,4910

Outras entidades.

Nº de orde

Expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona estadía

Rama coñecemento

Puntuación total

1

IN606A-2024/016

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Fernández

Ceballos

María de los Ángeles

2

Enxeñaría e Arquitectura

77,9360

2

IN606A-2024/012

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

López

Landrove

Sonia

3

Ciencias

77,8345

3

IN606A-2024/021

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Nión

Cabeza

Paula

3

Ciencias

77,4774

4

IN606A-2024/003

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Sánchez

López

David

2

Ciencias

77,3418

5

IN606A-2024/005

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Conde

Piñeiro

Adrián

2

Ciencias

77,0049

6

IN606A-2024/001

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

Arribas

Greciano

Vega

2

Artes e Humanidades

76,6000