DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41218

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou no ano 2024 axudas para a posta en marcha de casas do maior, a través da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A) (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 23 de maio).

O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 9 da mencionada Orde do 7 de maio de 2024, e no artigo 10 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas do maior, código de procedemento BS212A, presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o referido artigo 9 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o 26 de xuño de 2024 de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna de Maiores a través da conta de correo subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Requirimento de solicitude no procedemento

Procedemento: BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes.

Data: 26 de xuño de 2024.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Expediente

Nome

NIF

Emenda/s documentación requirida

BS212A/2024-1

Ana María Domínguez González

***5217**

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar/complementar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición; nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Complementar e achegar os planos modificados a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-2

Axuda no Fogar, Soc. Cooperativa Galega

F32255499

Achegar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e presentar os planos da casa do maior solicitada e da casa do maior que xa está en funcionamento no mesmo inmoble a escala representativos do estado reformado, tendo en conta a creación de zonas diferenciadas nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-3

Beatriz Álvarez López

***1300**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar e complementar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar os planos a escala representativos do estado reformado, modificado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-4

Beatriz López Díaz

***7642**

Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición; nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual, acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-5

Begoña Pérez López

***8370**

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, engadindo a epígrafe das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar na memoria descritiva do inmoble o seu estado actual, acompañado de fotografías de todas as estancias, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-6

Carmen Pintos Cancela

***6620**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar a memoria descritiva en que se recolla o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións nos termos previstos no artigo 10.1.e).

BS212A/2024-7

Carolina Pinto Gil

***6929**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla a programación xeral dunha xornada, nos termos previstos no artigo 10.1.e). Modificar e achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-8

Dumbricos, Soc. Coop. Galega. Dubría. O Ézaro

F55476295

Acreditar a representación da cooperativa.

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do concello en que se realiza o proxecto e ampliar a xustificación da necesidade dunha casa do maior, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-9

Dumbricos, Soc. Coop. Galega. Mazaricos. Suevos 2

F55476295

Acreditar a representación da cooperativa.

Complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual, acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-10

Elena Pérez Parga

***7445**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde para o desempeño do proxecto de casa do maior.

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

BS212A/2024-11

Elvira Formigo Raña

***9293**

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, nun único documento asinado, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar os planos a escala representativos do estado reformado, diferenciando as estancias de comedor e sala de actividades, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-12

Fernando Jiménez Pérez

***8247**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla a programación xeral dunha xornada, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Modificar e achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-13

Finis Terrae, Soc. Coop. Galega

F55476360

Acreditar a representación da cooperativa.

Complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do concello en que se realiza o proxecto e ampliar a xustificación da necesidade dunha casa do maior, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble, tendo en conta as dúas casas propostas para o mesmo inmoble, cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-14

Finis Terrae, Soc. Coop. Galega 2

F55476360

Acreditar a representación da cooperativa.

Complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do concello en que se realiza o proxecto e ampliar a xustificación da necesidade dunha casa do maior, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble, tendo en conta as dúas casas propostas para o mesmo inmoble, cos planos a escala e acoutados do seu estado actual, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-15

Iri Arias Rodríguez

***0719**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos establecidos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar memoria descritiva do inmoble cos planos do estado reformado, indicando os espazos diferenciados de sala de actividades e zona de comedor, nos termos establecidos no artigo 10.1 g).

BS212A/2024-16

Janena Rodríguez Varela

***7677**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual, acompañados de fotografías de todas as estancia,s coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-17

Juan Manuel Andrade Caamaño

***8755**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar e modificar os planos a escala representativos do estado reformado tendo en conta a creación de zonas diferenciadas, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-18

Leirar na Leira, Sociedade Coop. Galega

F56477615

Acreditar representación da cooperativa.

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Complementar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-19

Lorena González Aira

***7094**

Achegar planos a escala representativos do estado reformado, tendo en conta a creación de zonas diferenciadas nos termos previstos no artigo 10.1.g).

Achegar e complementar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

BS212A/2024-20

Luis Miguel Lolo Bardaco

***4783**

Achegar certificado médico acreditativo das condicións de saúde.

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Complementar a memoria descritiva en que se recolla os datos da poboación dos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-21

María Carmen Martínez Lema

***3428**

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar os planos a escala representativos do estado reformado en que se recollan os dous espazos diferenciados de comedor e sala de actividades, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-22

María Rocío Giadás Gómez

***0158**

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e completar proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar e complementar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

Achegar o anexo II. Orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS212A/2024-23

María Teresa Gómez Valiño

***3456**

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recollan os datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar de novo a proposta metodolóxica básica, asinada, e ampliar a programación xeral dunha xornada, así como os protocolos de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar e complementar memoria descritiva do inmoble cos planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-24

Montagua, Soc. Coop. Galega. Pontecerso. O Couto 2

F55478234

Acreditar representación da cooperativa.

Achegar a declaración responsable en que se comprometa á realización do curso de formación integral.

Achegar/complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-25

Montagua, Soc. Coop. Galega. Ponteceso. A Campara

F55478234

Acreditar representación da cooperativa.

Complementar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-26

Noela Aguado Sánchez

***3343**

Achegar certificado ou informe médico oficial.

Achegar a proposta metodolóxica asinada pola promotora.

BS212A/2024-27

Paula Reis González

***8295**

Achegar, modificar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-28

Ponte Olveira, Soc. Coop. Galega. Dumbría. Ponte Olveira 1

F55478235

Acreditar a representación da cooperativa.

Achegar a declaración responsable de compromiso para a realización do curso de formación integral.

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do concello en que se realiza o proxecto e ampliar a xustificación da necesidade dunha casa do maior, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-29

Ponte Olveira, Soc. Coop. Galega. Dumbría. Ponte Olveira 2

F55478235

Acreditar a representación da cooperativa.

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do concello en que se realiza o proxecto e ampliar a xustificación da necesidade dunha casa do maior, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-31

Rosa María Gamallo Muradas

***5682**

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar descrición do equipamento e matriais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-32

Sonia Arias Otero

***2310**

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, nun único documento asinado, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto, indicando se son, ou non, de nova adquisición, nos termos previstos no artigo 10.1.f).

Achegar planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-33

Sonia Fernández Santos

***6068**

Achegar a declaración responsable de compromiso para a realización do curso de formación.

Achegar e complementar a memoria descritiva e xustificar a necesidade e oportunidade da creación da casa do maior de acordo co artigo 10.1.d).

Achegar e complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-34

Uxía Canabal Peón

***0775**

Achegar e complementar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala e acoutados do seu estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizárense obras, deberanse achegar os planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1.g).

BS212A/2024-35

Vanessa Javier de Brito

***9976**

Achegar/complementar a proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

BS212A/2024-36

Yodaris Garrote González

***0984**

Achegar e complementar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar os planos a escala representativos do estado reformado en que se recollan os dous espazos diferenciados de comedor e sala de actividades, nos termos previstos no artigo 10.1.d).

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada, que recolla os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa do maior, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade. Deberá comprender como contido: o ingreso, a acollida e o período de adaptación, a participación das familias, as relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, os hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica recollerá protocolos básicos de actuación con persoas maiores, incluíndo o protocolo de caídas, de hixiene persoal, da atención e coidados, das suxestións e reclamacións.

Achegar descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.e).

Achegar descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f).