DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40730

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 28 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba a modificación da convocatoria das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), publicadas pola Resolución do 17 de xaneiro de 2024, co incremento do crédito orzamentario para os exercicios 2024 e 2025 (código de procedemento IG535A).

BDNS (Identif.): 739787.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Importe

Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:

Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2024 polo importe máximo de 3.000.000 € (partida orzamentaria 09.A1.741A.8900). En relación coas compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 375.000 € para o exercicio 2024 e de 405.000 € para o exercicio 2025, partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, logo da existencia de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro e/ou ás comisións de aval financiarase con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, cunha dotación de 375.000 € para o exercicio 2024, 8.895.000 € para o exercicio 2025 e de 4.500.000 € para o exercicio 2026.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica