DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO de convocatoria dos procesos selectivos correspondentes a varias prazas de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 135, do 12 de xuño de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal:

Persoal funcionario:

Un/unha administrativo/a, grupo C1, nivel 20 C, a xornada completa, mediante sistema de concurso-oposición.

Persoal laboral:

Un/unha profesor/a da escola de música, especialidade piano, xornada parcial, mediante concurso.

Un/unha profesor/a de escola de música, especialidade percusión, xornada parcial, mediante concurso.

Un/unha profesor/a de escola de música, especialidade frauta, xornada parcial, mediante concurso.

Un/unha profesor/a de escola de música, especialidade saxofón, xornada parcial, mediante concurso.

Un/unha profesor/a de escola de música, especialidade trompeta, xornada parcial, mediante concurso-oposición.

Un/unha director/a de escola de música, especialidade clarinete, xornada parcial, mediante concurso.

Un/unha director/a de banda de música, xornada parcial, mediante concurso.

Once auxiliares de axuda no fogar, xornada completa, mediante concurso.

Un/unha auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante concurso-oposición.

Dous/dúas profesores/as do punto de atención á infancia (PAI), xornada completa, mediante concurso.

Un/unha educador/a infantil do punto de atención á infancia (PAI), xornada completa, mediante concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

Sober, 12 de xuño de 2024

O alcalde
Por abstención (Resolución do 27.5.2024)
Francisco Vázquez Pérez
Primeiro tenente de alcalde