DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40801

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

ANUNCIO do extracto da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de auxiliar da Administración xeral que figura na oferta de emprego público para o ano 2022.

No BOP número 11, do 17 de xaneiro de 2023, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de auxiliar da Administración xeral que figura na oferta de emprego público da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para o ano 2022. A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de maio de 2024

José Manuel Rey Varela
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol